viernes, 16 de mayo de 2025

Venerdì

Estamos chegando ao final da formación e xa nos sentimos todos e todas moito máis cómodos co emprego das ferramentas que traballan coa IA.

Hoxe pasamos boa parte da mañá traballando con Brisk teaching. Trátase dunha extensión de Google Chrome que case ninguén de nós coñecía, pero que nos pareceu fascinante para o mundo educativo!! 💻 

Estivemos explorando as súas diferentes funcionalidade e creamos preguntas a partir dun vídeo, adaptamos textos ao nivel desexado... O resultado foi rápido e incrible! Incluso permite crear podcasts a partir dun tema! 😍😍

E despois da sesión de traballo coa IA, pola tarde tivemos unha formación de cociña italiana! Elaboramos a nosa propia pasta fresca, dúas salsas para acompañala e xeado! 🍝🍨







No hay comentarios:

Publicar un comentario