Hoxe é o terceiro día de formación e xa nos imos coñecendo todos mellor. Ademais das aprendizaxes sobre IA e os seus diferentes usos e aplicacións para a aula, está sendo moi interesante coñecer a profesorado de tantos sistemas educativos diferentes. Estame permitindo coñecer outros sistemas organizativos, outros xeitos de traballar e outras maneiras de concibir os procesos de ensino. 💕
Hoxe comezamos a mañá traballando con Miro. Usamos esta app como taboleiro colaborativo para realizar diferentes actividades. Unha delas consistiu na elaboración dun storytelling sobre as nosas rutinas matinais. Para iso, usamos imaxes creadas con ChatGPT e Adobe Firefly. Despois, usando as ferramentas da aplicación, creamos unha presentación de maneira sinxela unindo todas as nosas rutinas. 👨👩
-
A continuación, traballamos con Goosechase. Con esta ferramenta fixemos unha actividade lúdica por equipos. Esta actividade permitiunos coñecer un pouco máis da historia da cidade, descubrir algunhas curiosidades de Florencia e, tamén, rirnos un montón! Aquí estamos facendo unha representación en vivo da famosa escultura "Rapto dunha Sabina", de Giambologna
No hay comentarios:
Publicar un comentario