sábado, 17 de mayo de 2025

È finito

Chega o final do curso e, aínda que satisfeitos e satisfeitas, estamos un pouco tristes por rematar. Nesta última sesión traballamos coa creación e edición de vídeos e cancións axudados da IA.


Para iso, saímos polas rúas de Florencia e gravamos o que foi para nós o mellor da semana.


           


Despois, xa de volta na escola, editamos o vídeo final por grupos para amosalo na clase.




Finalmente, antes da despedida e da entrega de diplomas, creamos unha canción coa aplicación Suno a modo de despedida. Que marabillosa experiencia e canto aprendemos!! 💗💗




No hay comentarios:

Publicar un comentario