Hoxe durante a nosa xornada de aprendizaxe por observación puidemos coñecer de cerca como funciona a organización da atención á diversidade e a organización da orientación persoal e vocacional.
Salientamos a importancia de traballar o autocoñecemento, os itinerarios académicos formativos, e o proceso de toma de decisións que neste sistema educativo se realiza a través dunha hora semanal, nunha materia denominada "skills" e non só de forma puntual como asume a orientación educativa en España.
Na atención ao alumnado con necesidades educativas puidemos observar que, aínda tendo escasos medios e recursos, pódese compensar as dificultades de aprendizaxe coa profesionalidade, entusiasmo e paciencia do profesorado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario