domingo, 11 de julio de 2021

sábado, 3 de julio de 2021

Entrevista na radio

 A cadena Cope Verín interesouse pola nosa estadía de formación aquí en Verín. Podedes escoitar aquí a entrevista

https://soundcloud.com/josefina-perez-10/00-jose-chivite





Venres 2 de xullo: Ferramentas web e obradoiro TEI

 O último día deste encontro de formación está cargado de actividades. Comezamos cunha presentación sobre ferramentas web



E seguimos coa actividade final do TEI, un obradoiro sobre o libro de Eloy Moreno, Invisible.


 






Despois fixéronnos unha entrevista en COPE VERÍN



E unha visita ás instalacións da planta embotelladora de Cabreiroá.




Rematamos o día cunha estupenda cea para despedir aos nosos socios europeos.




jueves, 1 de julio de 2021

Calendario de mobilidades e Mobility Tool

 O día 1 de xullo tocaba debater sobre a execución do proxecto na plataforma de xestión Mobility Tool e o calendario de mobilidades que tivo que ser adiado debido á pandemia. Unha mañá moi produtiva e chea de traballo.









Despois dunha intensa xornada tocaba xantar e paseo en Allariz.









E para despedir a xornada, tapas en Ourense!!





Encontro de profesorado Erasmus+

 

E despois dun ano e medio de inactividade volvemos con forza co programa Erasmus+ sharing4caring cos nosos socios húngaros, finlandeses (de xeito virtual por non poder viaxar), portugueses e italianos que nos visitan para un encontro de formación.
o día 30 de xuño foi o kick off meeting no Taboada Chivite. Comezou a xornada cunha recepción de benvida





 
Seguimos cunha comida no parador de Monterrei para prepararnos para unha tarde de intenso traballo debatendo sobre novas metodoloxías.
 




 





Para rematar a xornada cunha cata e visita á adega Crego e Monaguillo