domingo, 19 de abril de 2020

Día 7 de decembro: bágoas nos ollos, chega a despedida

E así concluía unha semana emocionante, ninguén quería marchar.....
Ata pronto! Vémonos en Italia no 2020!





Alumnado e familias antes de coller o bus de volta a Porto

Día 6 de decembro: Excursión a Santiago de Compostela e cea de despedida

No derradeiro día de actividades programadas non podíamos deixar de visitar Santiago de Compostela,  a súa magnífica catedral e as súas rúas con encanto. Foi un gran día!











5 de decembro: Tour polo castelo de Monterrei

Alumnado e profesorado Erasmus+ fixo unha andaina ata o castelo de Monterrei, onde realizaron un tour guiado.







5 de decembro: Proxección da longa "Hamada" dentro do festival internacional de curtas de Verín FIC VIA XIV

Para dar a coñecer o conflito do Sahara levamos ao alumnado a proxección da longa de Eloy Domínguez "Hamada" que conta a historia dun grupo de amigos que viven nun campamento de refuxiados en pleno deserto. Tralo visionado tivemos a oportunidade de asistir a unha charla-coloquio co director seguida dunha recepción polo tenente de alcalde Diego Lorenzo na Casa da Cultura.















5 de decembro: Festival de Eurovision

Como non podía ser menos nunha escola onde a música ocupa un lugar tan importante, celebramos un festival da canción con moitos premios. Con Lucía Rúa e Juan Manuel Cid como mestres de cerimonia, neste festival da canción gañou España!!!












5 de decembro. Escape Room na biblioteca






Coñecemos montas curiosidades de todos os países a través dun escape room organizado por Lucía Rúa. Que ben o pasamos!










4 de decembro: obradoiro de Cascabelas e outras actividades

A nosa excompañeira, Maika Burgos impartiu un obradoiro de "cascabelas", a figura femenina do cigarrón verinense para o profesorado estranxeiro. Foi todo un éxito Maika!






Entretanto o alumnado aproveitaba para facer excursions xuntos