martes, 14 de enero de 2020

Benvida

Benvidos ó blog do proxecto Erasmus+ Acción Clave 2 asociacións estratéxicas Sharing4Caring


O noso proxecto xurdiu pouco a pouco. É froito do traballo dun equipo de profesores e profesoras que teñen moita ilusión e moitas gañas de cambiar o noso centro.  E así foi coma un chuvioso día de xaneiro de 2019 nos embarcamos neste marabilloso proxecto.
Ese día, Mª José Prada, profesora de lingua castelá e Jose P. Rolán, coordinadora de programas internacionais, acudiron ao Agrupamento de Escolas D. Afonso Henriques, en Vila das Aves (Portugal) para empezar a redactar o proxecto.
Reunidas cos equipos portugués e finlandés, fóronlle dando forma a esta idea. A partir do 31 de xaneiro de 2019 sucedéronse as reunións deste equipo formado ademais por  Silvia Cid, profesora de lingua castelá, Mª José Prada, profesora de lingua castelá e literatura, Puy Goyache, profesora de relixión, Lucía Rúa, a nosa orientadora, César Sánchez, profesor de tecnoloxía e actual director do Taboada Chivite,  Nuria Trigueros, profesora de física e química e Jose P. Rolán, profesora de inglés que exerce o cargo de Vicedirectora.


De esquerda a dereita, César Sánchez, Nuria Trigueros, Mª José Prada, Puy Goyache, Juan Manuel Cid, Jose P. Rolán e Lucía Rúa.