martes, 26 de marzo de 2024

sábado, 23 de marzo de 2024

Último día!

 Chegou o venres e con el o último día da mobilidade dos nosos compañeiros franceses.

Pola mañá comezamos con actividades deportivas e logo unha serie de xogos en inglés. 

Fixemos tamén unha escape room sobre o libro francés do Principiño, a cal nos encantou.

Despois do recreo tocou sesión de cine e desfrutamos duns flocos de millo mentres vimos a película de Campeones. 

Pola tarde, non tivemos ningunha actividade programada pero aproveitamos para pasar as últimas horas cos nosos novos amigos!

O sábado pola mañá, porán rumbo a Francia. Vémonos pronto!!








viernes, 22 de marzo de 2024

Día 3 da mobilidade francesa


O día comezou hoxe co visionado dunha curta sobre Principiño e cunhas actividades sobre ela. Despois, fixemos varios xogos en inglés. Resultáronnos moi divertidos e seguimos practicando a intercomunicación na lingua estranxeira. 

A media mañá fixemos un obradoiro de radio no centro. Gravamos un podcast sobre a educación emocional!

E, para rematar a mañá, tivemos un obradoiro de primeiros auxilios que impartiu o persoal da Cruz Vermella.


Despois de xantar, vimos unha curta sobre o cigarrón e deseñamos unhas bolsas de tea con esta figura. Ata puidemos ver un cigarrón vestido co seu traxe!! Foi moi emocionante!


Xa estamos na metade da experiencia e xa establecemos unha conexión moi enriquecedora!





miércoles, 20 de marzo de 2024

Día 2 cos nosos novos compañeiros!

Comezamos a xornada cun obradoiro de lingua de signos. Aprendemos a presentarnos uns a outros mediante este sistema de comunicación e fixemos rolda de presentacións para seguirnos coñecendo.


A media mañá, asistimos ao ensaio do coro de profesorado do Chivite. Escoitamos dúas das cancións que están ensaiando para o musical que representarán a final de curso.


A continuación, antes do xantar, fixemos un obradoiro de pulseiras no que puidemos confeccionar varias para gardar de recordo.


Ao mediodía estaba organizada unha andaina ata o castelo de Monterrei e, ao chegar, fixemos picnic alí. Despois diso, realizamos unha visita guiada ao castelo e puidemos gozar das súas incribles vistas! Un día completo e moi divertido!








Chegou a visita de Draguignan!

Hoxe chegaron os nosos compañeiros e compañeiras do Collége Jean Rostand, de Draguignan. 


Recibímolos con moita ilusión e con enormes ganas de compartir esta nova experiencia!

Aquí tedes o fascinante programa de actividades!


Despois da súa longa viaxe, xantamos todos xuntos no instituto e pasamos a tarde fqcendo varios xogos que se organizaron no centro. Que boa maneira de coñecernos!




viernes, 1 de marzo de 2024

Día 5: última mañá en Portugal

 Chegou o venres e con el, remata esta aventura. Hoxe pola mañá almorzamos no hotel e fixemos as maletas.

O noso plan era subir ao mirador de Santa Lucía en funicular pero as condicións meteorolóxicas non nolo permitiron e tivemos que buscar un plan máis alternativo... O centro comercial de Viana do Castelo! Fixemos algunhas compriñas para levar de volta a casa e comemos no Mac Donalds!! Xa moi cansos, collemos o autobús de volta a Galicia.

Foi unha experiencia incrible e moi enriquecedora, voltamos a Galicia co corazón cheíño de Portugal!







Día 4: Viana do Castelo

 A aventura está chegando ao fin! Pero aínda seguimos cargados de enerxía. Onte pola mañá, despois de despedirnos do camping laranja-limao e do seu canciño Piloto, dirixímonos á escola do Freixo para acabar de gravar a nosa colaboración co club Comunica. Despedímonos dos nosos amigos portugueses e montamos nun bus que nos levaría ata Viana do Castelo

Xa en Viana, acomodámonos no novo hotel e fomos comer a un restaurante de comida portuguesa! Muito bom!

Pola tarde, estivemos no museo do traxe vianés e pareceunos moi interesante xa que atopamos moitas similitudes co traxe do cigarrón. Ao rematar, dirixímonos ao museo bargo Gil Eanes, e a verdade é que nos encantou! Estar dentro dun barco resultou ser moi emocionante.

Despois demos un paseo pola cidade e merendamos doces portugueses.

De volta xa no hotel, os máis valentes atrevéronse a ir correr con Belén. Finalmente e xa moi cansos, baixamos a cear uns bocadillos e volvemos ao hotel para descansar.