O noso proxecto 2019-2021


IES Xesús Taboada Chivitede Verín desenvolve un proxecto de cooperación para a innovación e as boas prácticas enmarcado dentro da acción clave K02 do programa Erasmus +. O proxecto, que se levará a cabo durante dous cursos académicos,ten como obxectivos incrementar a capacidade e relevancia da aprendizaxe na educación e a formación, asesorar en competencias clave, reforzar vínculos de educación/formación e o mundo laboral, promocionar o desenvolvemento educativo innovador (aprendizaxe coloborativa, pensamento crítico...), promover a aparición e a concienciación dun espazo europeo de aprendizaxe permanente, fornecer os perfís profesionais do profesorado e promover o emprendemento educativo para desenvolver unha activa cidadanía, empeabilidade e creación dun novo tecido empresarial.

Nesta asociación estratexica, ademais do IES Xesús Taboada Chivite, participan as seguintes escolas: Agrupamento de Escolas D. Afonso Henriques (Portugal),  Szabó Lőrinc Bilingual Schoolde Budapest (Hungría), Uudenkaupungin Yhtenäiskoulu   de Uusikaupunki (Finlandia) e o Istituto Comprensivo Statale“Filippo Palizzi” de Casoria (Italia). Baixo o título “Sharing4Caring” vaise traballar activamente en temas como identidade e diversidade, inclusión social e convivencia escolar. Estes temas serán abordados dende distintas perspectivas segundo o país do que se trate. Así, o IES Xesús Taboada Chivite vai estudar o papel solidario da escola que se engloba baixo o título "My school agent of solidarity;" a inclusión na escola será estudado pola escola italiana co título "My school and inclusion." A relación entre a escola e o alumnado, "Me and my school"  vai ser  analizado pola escola portuguesa mentres que a relación entre a escola e as institucións locais, "My school and local institutions" o examina a escola finlandesa. Por último a escola húngara vai ver a relación entre a escola e Europa baixo o título " From local identity to global integrity. My country and Europe."

O profesorado que participa no proxecto é o encargado de organizar a selección do alumnado participante nas mobilidades, o modo de traballo e a temática fixada en torno aos tema principais do proxecto. 

Con este proxecto o IES Xesús Taboada Chivite  pretende, entre outras cousas,  que o alumnado mellore a súa aprendizaxe das linguas promovendo a ampla diversidade lingüística da Unión Europea e a sensibilización intercultural, obxectivos que están plasmados no  noso Plan de Desenvolvemento Europeo.

 Estas son as mobilidades previstas durante o bienio 2019-21.




No hay comentarios:

Publicar un comentario