jueves, 29 de febrero de 2024

Día 3 no Freixo

 Bo día! Onte pola mañá, despois de alrmozar, dirixímonos ao colexio do Freixo para traballar toda a mañá co club Comunica. Dividímonos en grupos e traballamos diversas cousas: gravamos uns podcast debatendo sobre a autoimaxe que creamos do noso propio corpo e como nos inflúen as redes sociais.

Outro dos grupos traballaron a gravación dun poema, a análise dunha canción nun espazo coñecido dentro do xornal como o MP3, a gravación de noticias breves no apartado coñecido como o minuto e a gravación de noticias para o telexornal.

De tarde tivemos a oportunidade de facer unha camiñada dunhas dúas horas polos montes do Freixo acompañados polo profesor Sergio.

Como estabamos canso, fomos para o camping pero ao ver o parque multiaventuras o cansazo marchou e puxémonos a xogar toda a tarde.

Pola noite repetimos cea na pizzería e descansamos para o día próximo!! A aventura continúa!









 

martes, 27 de febrero de 2024

Día 2 no Freixo

 Hoxe levantámonos e tiñamos un super almorzo preparado para nós! Estivemos un tempiño xogando cuns carricoches que hai no camping e logo emprendimos o camiño á escola.

Xa alí, fixemos as nosas primeiras medicións co sonómetro obtendo resultados moi curiosos.

Para xantar, hoxe tiñamos pasta con carne e unha peza de froita.

Coa barriga xa chea, participamos de novo no club de meteoroloxía, gravando os vídeos da predicación do tempo para mañá. Ao acabar fixos unha actividade teatral coa que botamos unhas risas.

Ao chegar ao camping, emprendimos unha aventura de exploración e descubrimos un parque multiaventura dentro do propio recinto! Foi xenial!!

Finalmente para cear unhas pizzas e para a cama que xa estamos cansos!! Boas noites 😘






lunes, 26 de febrero de 2024

Día 1 Freixo

 Esta mañá o noso equipo Erasmus, partiu cara ao Agrupamento de








Escolas do Freixo, onde nos esperaban os nosos colegas portugueses cos brazos abertos.

Unha vez que chegamos, recibiunos o equipo directivo e os profesores que nos acompañarán durante os próximos días: profesorado do club de robótica, do club de metereoloxía, o club de comunicación... Despois dunha breve presentación fixemos un percorrido polo colexio mostrándonos as aulas máis especiais deste centro educativo.

Como estabamos fametos, dirixímonos ao comedor onde tivemos a oportunidade de facer un xantar típico portugués acompañados dos nosos compañeiros lusos. A comida consistiu nunha crema de verduras e unha feixoada con arroz. 

Despois dun tempo libre no que tivemos oportunidade de coñecer aos nosos novos compañeiros, tivemos o pracer de participar nas actividades do club de meteoroloxía. Participamos na gravación de pequenos vídeos nos que tivemos que facer unha breve presentación sobre a situación meteorolóxica do Freixo e tamén a de Verín. Quedamos fascinados xa que os nenos portugueses que nos acompañaron e guiaron nesta aventura tiñan 10 anos e traballaban que daba gusto!!

Visitamos tamén o makerspace, unha aula de robótica na que tivemos o primeiro contacto coa programación do sonómetro. 

Como xa estabamos cansos, dirixímonos ao centro da vila para merendar nunha panadería típica portuguesa e paramos tamén a mercar unhas lambetadas para comer nas cabanas. 

Xa na hospedaxe laranjalimao, xogamos cuns triciclos e nun pequeno parque construído con madeira, así fixemos un pouco de fame para, máis tarde, ir a cear. 

Hoxe estamos todos cansos, seguro que imos durmir moi ben!! Até mañá!! 


domingo, 4 de febrero de 2024

Collége Jean Rostand (Draguignan) Francia

 O noso proxecto faise real. Xa temos as datas da nosa mobilidade a Francia!!

A primeira videoconferencia con Laure Legrand and Aude Morino, as profesoras francesas coas que estamos a traballar



Mobilidade a Freixo

 Xa temos a selecció do alumnado que viaxará a Freixo (Portugal)