lunes, 26 de febrero de 2024

Día 1 Freixo

 Esta mañá o noso equipo Erasmus, partiu cara ao Agrupamento de








Escolas do Freixo, onde nos esperaban os nosos colegas portugueses cos brazos abertos.

Unha vez que chegamos, recibiunos o equipo directivo e os profesores que nos acompañarán durante os próximos días: profesorado do club de robótica, do club de metereoloxía, o club de comunicación... Despois dunha breve presentación fixemos un percorrido polo colexio mostrándonos as aulas máis especiais deste centro educativo.

Como estabamos fametos, dirixímonos ao comedor onde tivemos a oportunidade de facer un xantar típico portugués acompañados dos nosos compañeiros lusos. A comida consistiu nunha crema de verduras e unha feixoada con arroz. 

Despois dun tempo libre no que tivemos oportunidade de coñecer aos nosos novos compañeiros, tivemos o pracer de participar nas actividades do club de meteoroloxía. Participamos na gravación de pequenos vídeos nos que tivemos que facer unha breve presentación sobre a situación meteorolóxica do Freixo e tamén a de Verín. Quedamos fascinados xa que os nenos portugueses que nos acompañaron e guiaron nesta aventura tiñan 10 anos e traballaban que daba gusto!!

Visitamos tamén o makerspace, unha aula de robótica na que tivemos o primeiro contacto coa programación do sonómetro. 

Como xa estabamos cansos, dirixímonos ao centro da vila para merendar nunha panadería típica portuguesa e paramos tamén a mercar unhas lambetadas para comer nas cabanas. 

Xa na hospedaxe laranjalimao, xogamos cuns triciclos e nun pequeno parque construído con madeira, así fixemos un pouco de fame para, máis tarde, ir a cear. 

Hoxe estamos todos cansos, seguro que imos durmir moi ben!! Até mañá!! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario