O noso centro

>


O IES Xesús Taboada Chivite é un centro de ensino público. As etapas educativas que se desenvolven  aquí inclúen toda a Educación Secundaria Obrigatoria (1º a 4º de ESO), os Programas de Mellora da Aprendizaxe e Rendemento (PMAR) en 2º e en 3º eos dous cursos do bacharelato (1º y 2º).  Tamén se imparte a modalidade de inglés a distancia, That’s English! da Escola Oficial de Idiomas. Dende o curso 2015-16 o IES Xesús Taboada Chivite incorpora o ensino bilingüe en inglés con varias secciónsnas materias de oratoria (2º ESO) e Física e Química (3º ESO).Na actualidade conta con 53 profesores e profesoras cuns 500 alumnos  (289 na ESO)  (172 no Bacharelato)  (40 no That's English).


No que respecta  á nosa definición institucional pódese dicir que o IES  Xesús Taboada Chivite está aberto a todo o alumnado que cumpra os requisitos académicos establecidos por lei, independentementeda súa raza, sexo ou crenza relixiosa.Maniféstase aconfesional e respectuoso con todas as crezas. Ademais defendemos o pluralismo ideolóxico, político e lingüístico e a renuncia a todo tipo de adoutrinamento sectario.As ensinanza aquí impartida é pública e gratuíta e propomos unha xestión de centro democrática e participativa na que as familias, profesorado, alumnado e persoal non docente colaboran de forma real e efectiva na vida e funcionamento do centro, respectando en todo momento as leis e as normas aprobadas.Desta forma queremos que a educación contribúa a formar cidadáns que participen libre e responsablemente nas instituciónspolíticas e sociais da  comunidade humana na que  lles corresponda vivir nun futuro próximo.



Algo que caracteriza ao noso centro é a profesionalidade do claustro. Todos estamos volcados na labor docente e participamos en distintos proxectos que persiguen, ante todo, mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe.



Dende o presente curso 2029/20 e aproveitando a inercia de cursos pasados, estamos baixo unha liña de traballo na que mediante accións colaborativas, interdisciplinares e de coeducación pretendemos que o noso instituto sexa un espazo de inclusión na que teña cabida toda a diversidade de alumnado co que contamos, vista a mesma coma unha fortaleza e nunca coma unha debilidade, e por outro lado, facer partícipe ao maior número de alumnado en diferentes proxectos ou programas coa intención de mellorar certas competencias creando sensibilización ou mediante unha aprendizaxe e servizo á comunidade como poden ser as competencias sociais e cívicas, sentido da iniciativa e espíritu emprendedor e conciencia e expresións culturais.
Así podemos destacar os seguintes programas ou proxectos:
·      Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia baixo a liña de alumnado voluntariado.


·      Dous Plan Proxecta de Innovación Educativa cuxas temáticas están presentes na nosa contorna:

aProxecta “apúntate ao non beber.”
bProxecta “monte vivo”, creando conciencia no alumnado dado que a comarca de Verín é unha das máis castigadas polos incendios forestais, xa que pertence a un distrito forestal de alto risco (distrito XIV Verín-Viana).


·      Contratos-programa. Coa financiación do Fondo Social Europeo temos concedidos os seguintes programas:


a)     Programa IGÚALA-T, co que mediante a colaboración do profesorado titor de 4º ESO e a implicación da Biblioteca e Equipo de Dinamización da Lingua Galega se desenvolven unha multitude de actividades en prol da igualdade entre homes e mulleres, máis nunha comarca na que debido a súa idiosincrasia, esta temática é moi necesaria.
b)     Programa PREMAT, co que se reforza a competencia matemática  a alumnado de 3º e 4º ESO baixo una modalidade de acompañamento fóra do horario lectivo.
c)     Programa ARCO (Apoio, reforzo de competencias e orientación), co que fomos seleccionados para dúas liñas, 1º e 4º ESO, coa finalidade de dar apoio dentro da aula ordinaria a alumnado con dificultades de aprendizaxe co obxecto de favorecer a súa participación no grupo-clase e a consecución do máximo desenvolvemento emocional, intelectual, social e profesional ao través de metodoloxías activas e participativas e a aplicación de medidas organizativas.



     Dende o curso 2016-17 desenvolvemos o programa de Titoría Entre Iguais (TEI), un programa de carácter institucional no que se desenvolve unha labor do fomento da convivencia, a prevención da violencia e o acoso escolar. Sendo o primeiro centro da provincia de Ourense en acollelo, formamos parte dunha estrutura que está implementada en centros de España, Europa e América cun alcance de 1400000 alumnos e alumnas, 40000 docentes e 1300 centros educativos.

O noso centro tamén coida a dimensión europea e promove a aprendizaxe integrada de contidos e linguas estranxeiras, AICLE/CLIL a través de seccións bilingües. Contamos con 6 seccións bilingües en inglés nos materias de oratoria en 2º de ESO e Física e Química en 3º de ESO. Participamos así no programa Edulingüe 2020 para a promoción de linguas estranxeiras.
En canto á participación en programas europeos, o centro participa dende o curso 2010-11 no programa eTwinning con varios proxectos presentados.
Tamén temas experiencia en programas internacionais, xa que no bienio 2011-13 desenvolvemos unha asociación estrategia multilateral  con Italia e Dinamarca, a través do programa COMENIUS.


O profesorado do centro tamén se formou en varias ocasións en linguas estranxeiras con estadías en Francia ou Canadá.
Conscientes da importancia de que o alumnado viaxe ao estranxeiro para perfeccionar ós idiomas, o  Taboada Chivite fomenta a participación en programas de inmersión lingüística en países coma Reino Unido ou Portugal, país co que celebramos anualmente, dende o curso 2006-07 un Encontro Luso-Galaico.




No hay comentarios:

Publicar un comentario