viernes, 24 de abril de 2026

Toca voltar…

 Hoxe tocou madrugar para voltar á terriña, cun pouco de mágoa, como ben se aprecia nas caras dos rapaces, pero coas mochilas cargadas de momentos únicos.




Último día en Oradea

 No noso último día de Erasmus fomos á sección rural da nosa escola. Foi unha experiencia maravillosa! Coñecimos a novos alumnos e profesores que nos acolleron dunha maneira moi cercana. 

Primeiro, asistimos a unha clase de Xeografía na que dunha forma interactiva e dixital, repasamos os países e capitais de Europa. 


Despois, disfrutamos dun pequeno almorzo todos xuntos, para coller forzas para a gymkana que lles esperaba a continuación. Divididos en grupos, debían realizar diferentes actividades relacionadas co folclore e as culturas húngara, rumana e española. 








Ó terminar, tocou un pouco de deporte. Os rapaces xogaron un partido de fútbol contra un grupo de rapaces da escola. Non faltou animación a ambos equipos!




Antes de irnos, deleitáronnos con un espectáculo de sombras, con música tradicional e bailes. Asimismo, fixéronnos entrega dos diplomas acreditativos do noso programa.







Pero isto non remata aquí…Pola tarde asistimos a un entretido musical en húngaro para pechar esta experiencia. 






miércoles, 22 de abril de 2026

3º DÍA EN ORADEA

Hoxe comezamos o día con moita ilusión, xa que tocaba asistir a unha actividade inclusiva con cans ó aire libre. Os nosos alumnos tiveron a oportunidade, ademais, de comprobar a utilidade terapéutica destes animais para rapaces con necesidades especiais. 








Tamén fomos convidados a uns deliciosos xeados húngaros.





martes, 21 de abril de 2026

SEGUNDO DÍA

Hoxe contamos coa charla dunha invitada ó centro experta en IA, uso de móbiles… que nos ocupó gran parte da mañá.  


E pola tarde, antes de que os rapaces disfrutasen do Aquapark, estivemos visitando o patrimonio da cidade, nomeadamente a Turnul Primăriei Oradea e Darvas- La Roche House.




lunes, 20 de abril de 2026

XA ESTAMOS AQUÍ

LUNS 
Despois dunha longa viaxe…Comezamos o primeiro día de mobilidade no centro de Oradea: Scoala Gimnaziala “Szacsvay Imre”.




Logo de coñecer as instalacións, os rapaces están disfrutando dunha clase de Xeografía. 




E tamén traballan matemáticas a través de programas como Scratch, Blockly Games...



Pola tarde, visitamos unha catedral- basílica católica moi coñecida (Catedrala romano-catolică Adormirea Maicii Domnului).