lunes, 12 de mayo de 2025

Primeiro día de curso en Florencia!

Hoxe comezou o curso de ChatGPT e outras aplicacións de IA para usar na aula. 

Florencia recibiume con sol e calor e o camiño ata o edificio onde está a escola, no centro da cidade, foi un paseo moi agradable.

Iniciamos a formación cun par de actividades para romper o xeo e coñecernos mellor entre as persoas que participamos nel. Hai docentes de Alemaña, da República Checa, de Croacia, de Grecia, de Portugal e de España. 🚎





Despois diso, presentamos cada un de nós o centro no que traballamos e os obxectivos básicos do noso programa Erasmus+ e xa nos puxemos mans aos ordenadores para comezar coa formación, empezando coa creación de imaxes. O profesor pediunos que ilustraramos nunha imaxe dun prato, aquilo que esperabamos do curso. Saíron resultados ben curiosos! 😜




O primeiro día rematou coa proba dun dos mellores xeados da cidade, recomendado polo profesor do curso, un auténtico experto da gastronomía italiana. Estaba boísimo!! 🍧🍦🍨






No hay comentarios:

Publicar un comentario