viernes, 9 de mayo de 2025

Despedímonos do Gymnasium Harilau

 

Para rematar o job shadowing, neste ultimo día aprendimos da organización do centro  e sorprendéronnos moitas cousas que son diferentes en relación ao noso instituto. Por exemplo:

-          Organización do horario durante a xornada laboral onde despois de cada sesión lectiva de 45 minutos tiñan pequenos descansos de entre 5 e 10 minutos.

-          Procedemento para o control da asistencia a través de libros de rexistro de forma manual, ao igual que o libro de actas na clase para anotar o que cada profesor/a vai traballando durante cada sesión.

-           As baixas ou faltas de profesorado deben ser asumida polo profesorado de garda xa que non envían substituta/o se non son baixas de máis dun mes.

-          No centro non hai orientador/a, existe unha figura que é un profesor/a que asume a materia de “skills” a través da que proporciona a orientación vocacional e tamén, soamente unha vez á semana unha psicóloga e unha traballadora social acuden ao centro para atender casos puntuais, realizar avaliacións psicopedagóxicas e atender ao alumnado con situacións sociais ou emocinais que o requiran.

-          O centro desenvolve un proxecto centrado nas Artes e nas Matemáticas, de feito ese día representantes do  proxecto acudiron a un Congreso a presentar as actividades do mesmo. Nas paredes do centro puidemos observar moitas das actividades realizadas que proporcionaban un toque de cor.

 




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario