martes, 1 de abril de 2025

Buongiorno!!

 Comezamos a mañá entrando na clase de español. O alumnado italiano falounos de cousas que lles gustan: música, lugares, que queren estudar... e compartimos experiencias moi divertidas.


Logo realizamos diferentes experimentos no laboratorio, dos que se encargsron dúas alumnas italianas. Buscamos almidón en diferentes alimentos, observamos tecidos do corazón e do fígado, explicáronnos o funcionamento do estómago e fixemos a experiencia da Pila Daniell.










Tamén nos tiñan preparado un obradoiro sobre como programar un robot. En parellas, no laboratorio de informática, aprenderon a programar en makeblock e experimentaron diferentes accións co robot. 




Despois dun pequeno descanso, tivemos a actividade "un día coma un químico" na que fixemos diferentes experimentos químicos no laboratorio moi interesantes e logo asistimos a unha clase de química. 




Pola tarde puxemos rumbo á Toscana. Primeiro visitamos unha necrópole etrusca, o pobo de Sovana e a súa catedral; e tamén a vila de Pitigliano, construída no alto dunha montaña e que nos ofreceu unhas vistas incríbles! Unha tarde moi completa e que gardaremos no noso recordo. 










No hay comentarios:

Publicar un comentario