Comezamos o día coñecendo o instituto italiano: as súas instalacións, profesorado e a organización do sistema educativo italiano.
A directora do instituto recibiunos subliñando a importancia do encontro entre culturas en Europa nos tempos que corren. Tamén fixo fincapé en que con estas experiencias, dentro do programa Erasmus+, estamos construíndo o camiño da paz das novas xeracións.
Ao rematar a visita, fomos a casa do Concello onde nos recibiu a alcaldesa de Acquapendente. Ela explicounos como o covid afectou á vida social, a problemática do rural e vimos que os motores económicos da vila son moi semellantes aos da nosa.
Tras esta visita puxemos rumbo ao instituto para xantar todos xuntos. Ao rematar, regresamos ao centro da vila para facer unha visita guiada. 🚶♀️🚶
O convento e a igrexa de San Francesco, a torre de Barbarossa e rematamos no Duomo (catedral) adentrándonos nunha cripta coa copia do Santo Sepulcro de Jerusalem máis antiga de toda Europa (S. XII) axudándonos a comprender mellor a historia da vila.
💬 No 1166, dous labregos estaban descansando debaixo dunha cerdeira que xa estaba seca. Lamentábanse polo exceso de pago de impostos ao gobernador. Un dixo: Antes florece esta cerdeira que se solucionan os nosos problemas. Entón a cerdeira floreceu. Os labregos correron ata a vila para avisar do milagre e o pobo sacou forzas para sublevarse contra o gobernador. E con este suceso, decidiron crear uns estatutos que din que nunca volverán a ser gobernados por alguén que non elixisen eles.
Nesta historia, mestúrase relixión, política e folclore; porque na cerdeira apareceu unha imaxe da virxe "Madonna del Fiore". Con motivo deste acontecemento, cada ano se elaboran "pugnaloni", mosaicos de flores e follas, que se lle ofrecen a virxe na praza da catedral.
Ciao, a domani!
No hay comentarios:
Publicar un comentario