O día de hoxe, o alumnado pasou o día coa súa familia italiana. Visitaron os recunchos máis fermosas desta zona. Foi un día cheo de momentos para o recordo.
Algúns visitaron a costa, outros a vila de Orvieto e a súa maxestuosa catedral, outros o parque de Tarochi e algunha foi a Florencia!
As profesoras, pola mañá, visitamos a escola infantil. Vimos como facían un mini-pugnialone que representa o tempo de guerra e o desexo de paz. Deste xeito, dende moi pequeniños comezan a participar nesta tradición.
Pola tarde, o profesorado italiano acompañounos e fíxonos de guía pola vila de Orvieto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario