O último día de intercambio co Istituto Leonardo da Vinci de Acquapendente.
A xornada comezou no laboratorio de arte do instituto, onde fixemos unha actividade creativa: "Live painting". Coa profesora de arte tiveron a oportunidade de debuxar e pintar nun lenzo o mesmo xarrón con flores que tiñan no centro da aula. Foi sorprendente a diversidade de resultados que se obtiveron.
Pola tardo, fumos a reserva natural do Monte Rufeno, camiñamos por sendeiros e desfrutamos das vistas panorámicas mentres compartíamos anécdotas e rimos xuntos.
O día rematou cunha emotiva cea de despedida, aínda que non foi un adeus senon un ata logo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario