Despois, tivemos que programar un robot chamado e.Do, controlado co ordenador a través do wifi. Este robot imita un brazo e o alumnado estivo movendo unha bola dun punto a outro.
Está sendo unha mañá moi interesante! Agora estamos probando gafas 3D con recursos adaptados á educación: de anatomía, historia.. Unha forma de consolidar aprendizaxes e comprender mellor algúns contidos máis abstractos.
Logo, continuamos co obradoiro "how to program a robot" que comezamos onte. Nesta ocasión o alumnado afondou máis no seu funcionamento.
A última actividade no instituto foi unha práctica de laboratorio sobre bacterias. O alumnado averiguará que bacterias hai en cada un dos cultivos que lles entregan. Deberán deixalas ata mañá a unha temperatura alta para poder resolver esta prática.
No hay comentarios:
Publicar un comentario