lunes, 17 de febrero de 2025

STEMBRIDGE: Bridging Cultures no Chivite chega ao seu fin.

Hoxe, sábado, dicimos adeus aos nosos compañeiros e compañeiras italianos que compartiron con nós esta semana en Verín e moitos momentos innolvidables.

Chega ao seu fin esta mobilidade STEMBRIDGE: Bridging Cultures, un intercambio moi enriquecedor a nivel académico e, sobretodo, humán. 

Queremos agradecer profundamente ás familias que acolleron aos 6 alumnos/as italianos/as cos brazos abertos. Gracias polas vosa xenerosidade e hospitalidade! Sodes parte esencial para que esta experiencia Erasmus fora tan especial.

A vós, Emmanuel, Jacopo, Greta, Caterina, Anna, Sofía, Tamara e Darío desexámosvos o mellor... Non é un adeus se non un ata logo! Sen dúbida, esta semana compartindo culturas, construíndo pontes e aprendendo xuntos foi incríble. 

Grazie mille a tutti per aver condiviso con noi questa incredibile esperienza! Arrivedervi e a presto!



sábado, 15 de febrero de 2025

5th DAY: A day of creativity and tradition

 Último día no instituto 

Hoxe vivimos o quinto día dunha experiencia única xunto cos compañeiros italianos, no que puideron coñecer mellor a cultura galega. A xornada comezou cun obradoiro de música e baile tradicional galego, onde aprenderon algúns pasos das muiñeiras e descubriron os sons de instrumentos típicos como a pandeireta.


Despois, realizamos o Concurso de Melodías, onde os participantes, coa caixiña musical e as melodías que elaboraron o luns, tiñan que adiviñar a canción. Italianos e españois uniron os seus coñecementos para identificar cancións populares de ambos paises.

Tamén realizmos un taller de chapas personalizadas onde deseñaron o seu recordo de Verín e experimentaron todo o proceso para elaboralas.

Para rematar a mañá, fixemos unha visita especial á radio do centro, onde tiveron a oportunidade de realizar unha entrevista na que falaron da súa experiencia na mobilidade do Erasmus+, compartindo o que máis lles gustou desta experiencia. 


Rematamos o día cunha cea de despedida para o profesorado acompañante do Liceo Leonardo Da Vinci, unha cea que nos serviu para compartir e reflexionar sobre as experiencias no Erasmus+. Foi un auténtico pracer!




jueves, 13 de febrero de 2025

4th DAY: Innovación, localización, tradición e excursión.

 

Ciaao! Quarto giorno di mobilità.

Innovación: Comezamos a mañá en Chivixogos, coa actividade Programming Robots, onde o alumnado experimentará e descubrirá o funcionamento destes dispositivos.


Localización: Despois deste obradoiro, pasamos ao Interactive 3D Mapmaking. Nesta actividade, empregrarán mapas de Italia e de España para localizar, grazas ao traballo en equipo, diferentes lugares e accidentes xeográficos de ambos países. Tamén participaron nun concurso de xeografía onde aplicaron todos os seus coñementos para acertar as preguntas.

                  


Tradición: Popular Games Workshop foi a seguinte actividade desenvolta no pabillón do instituto. O alumnado xogou a diferentes xogos traicionais.

Excursión: Pola tarde, fixemos unha excursión ata o Castelo de Monterrei onde nos esperaba unha visita guiada. Unha tarde moi divertida e na que aprendemos moitas curiosidades sobre o castelo. 









miércoles, 12 de febrero de 2025

3rd STOP: Mergullámonos en Ourense, capital termal.

 O alumnado e profesorado italiano mergúllase na cultura galega cunha visita á cidade de Ourense.  🎒🚌🛀


Así comeza o terceiro día da mobilidade do Liceo Leonardo Da Vinci de Acquapendente no IES Xesús Taboada Chivite, cunha excursión a Ourense.


Parada obrigatoria: as termas de Outariz, onde tivemos un momento de relaxación ao carón do Miño. 🛀 Tamén fixemos unha ruta guiada pola cidade, onde visitamos varios puntos de interese como a Catedral, o Concello e as famosas Burgas. 




E, pola tarde, o profesorado italiano compartiu formación co profesorado do centro sobre o uso da cortadora láser e a creación de contidos didácticos.



martes, 11 de febrero de 2025

2nd day: Explorando o mundo STEM co alumnado Italiano.


Buongiorno! 

Comezamos o martes coa actividade Building Blocks Challenge na sala de Chivixogos, onde grazas ao traballo colaborativo e en equipo, fixemos construccións con diferentes materiais. 




Despois dun descanso e tempo libre, o alumnado e profesorado italiano visitou á radio da biblioteca. 

Realizamos o Radio Workshop 🎙️exploramos o funcionamento da radio mentres gravamos o programa Vaiche Boa! no que, semanalmente, colaboramos co Centro Ocupacional de Verín

Que experiencia tan enriquecedora! Os usuarios do Centro Ocupacional foron os entrevistadores e os profes de Acquapendente os grandes convidados desta semana ao programa. 🎧🥰




Pola tarde, o alumnado italiano aproveitou para coñecer mellor e pasar tempo co alumnado e as familias que os reciben. 

See you tomorrow 👋

lunes, 10 de febrero de 2025

1st day: o liceo italiano Leonardo Da Vinci coñece o Chivite

Chegou o día! 

Dende o IES Xesús Taboada Chivite de Verín dámoslles a benvida aos nosos invitados recén chegados de Acquapendente (Italia). 

Comezamos cunha benvida oficial e cunha actividade de presentación para romper o xeo empregando as cartas do Dixit.


Despois, fixemos un tour polo instituto tendo aos mellores guías, o alumnado de 4ºESO foi o encargado de presentar as instalacións. Parada obrigatoria: A radio da biblioteca!


Para descansar e repoñer forzas, disfrutamos dunha deliciosa merenda na Sala Dual.


Crearon as súas propias melodías para as caixas musicais coa actividade Melody Box 🎵 no salón de actos.


Despois, fixemos unha visita ao concello de Verín, onde lles deron aos nosos invitados a benvida á vila de Verín.


Parada para comer na cafetería do instituto para despois desfrutar dunha entretida clase de inglés.


E rematamos a xornada! Ata mañá  👋













martes, 4 de febrero de 2025

STEMBRIDGE: Bridging Cultures with STEM, 3, 2, 1...

THE COUNTDOWN BEGINS!

Xa temos todo listo para acoller ao alumnado do Liceo Leonardo Da Vinci de Acquapendente (Italia).



O liceo italiano visitaranos durante a semana do 10 ao 15 de febreiro. Este será o noso planning de actividades:










viernes, 10 de enero de 2025

Experta Invitada: María Antonia Brandão

Innovative Learning Course 🔎



As tardes do 9 e 10 de xaneiro, o noso instituto tivo o privilexio de acoller un obradoiro moi especial, centrado nas novas metodoloxías e innovación na ensinanza. Durante este tempo que compartimos, o profesorado participou nunha experiencia única dirixida pola Experta Invitada María Antonia Brandão, profesora no Agrupamento de Escolar D. Afonso Henriques en Vila das Aves, Portugal.

María Antonia, a través de dinámicas participativas, exemplos prácticos e coa súa propia experiencia, animounos a explorar recursos innovadores que temos ao noso alcance. Durante estas xornadas observamos como as novas tecnoloxías poden ser grandes aliadas na aula e que con elas podemos transformar os espazos de aprendizaxe en contornas máis flexibles e inclusivas.


Gracias María Antonia, por compartir con nós a túa experiencia e por invitarnos a transformar a educación e adaptarnos aos retos do futuro!

lunes, 14 de octubre de 2024

Primeiro día en Budapest e blog diario

 Celia, David, Martina e Sabela xa están en Budapest comezando a súa mobilidade individual de alumnado no SZLI-Pasaréti Szabó Lőrinc Magyar-Angol Két Tanítási Nyelvű Ált.Isk.és Gimn de Budapest.

Tras unhas actividades de team building para coñecer aos novos/as compañeiros/as puideron desfrutar dun roteiro polo centro de Budapest.








Aquí podedes ler os resumos que nos fixeron Martina, Sabela, Celia e David da súa estadía en Hungría.




sábado, 12 de octubre de 2024

Farewell ceremony

 E a moblilidade Erasmus de longa duración do alumnado húngaro chegou a súa fin.

Celebramos hoxe o acto de despedida con entrega de certificados a cargo do director, vídeo de despedida e agasallos de despedida.

Este é o vídeo lembranza de despedida de parte do Equipo Erasmus+

Thank you, Dora, Daniel, Szonja e Daniel for bringing your diverse perspectives and enthusiasm to our school. We appreciate the unique experiences you shared and the friendships you built.