O alumnado e profesorado italiano mergúllase na cultura galega cunha visita á cidade de Ourense. 🎒🚌🛀
Así comeza o terceiro día da mobilidade do Liceo Leonardo Da Vinci de Acquapendente no IES Xesús Taboada Chivite, cunha excursión a Ourense.
Parada obrigatoria: as termas de Outariz, onde tivemos un momento de relaxación ao carón do Miño. 🛀 Tamén fixemos unha ruta guiada pola cidade, onde visitamos varios puntos de interese como a Catedral, o Concello e as famosas Burgas.
E, pola tarde, o profesorado italiano compartiu formación co profesorado do centro sobre o uso da cortadora láser e a creación de contidos didácticos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario