jueves, 13 de febrero de 2025

4th DAY: Innovación, localización, tradición e excursión.

 

Ciaao! Quarto giorno di mobilità.

Innovación: Comezamos a mañá en Chivixogos, coa actividade Programming Robots, onde o alumnado experimentará e descubrirá o funcionamento destes dispositivos.


Localización: Despois deste obradoiro, pasamos ao Interactive 3D Mapmaking. Nesta actividade, empregrarán mapas de Italia e de España para localizar, grazas ao traballo en equipo, diferentes lugares e accidentes xeográficos de ambos países. Tamén participaron nun concurso de xeografía onde aplicaron todos os seus coñementos para acertar as preguntas.

                  


Tradición: Popular Games Workshop foi a seguinte actividade desenvolta no pabillón do instituto. O alumnado xogou a diferentes xogos traicionais.

Excursión: Pola tarde, fixemos unha excursión ata o Castelo de Monterrei onde nos esperaba unha visita guiada. Unha tarde moi divertida e na que aprendemos moitas curiosidades sobre o castelo. 









No hay comentarios:

Publicar un comentario