Último día no instituto
Hoxe vivimos o quinto día dunha experiencia única xunto cos compañeiros italianos, no que puideron coñecer mellor a cultura galega. A xornada comezou cun obradoiro de música e baile tradicional galego, onde aprenderon algúns pasos das muiñeiras e descubriron os sons de instrumentos típicos como a pandeireta.
Despois, realizamos o Concurso de Melodías, onde os participantes, coa caixiña musical e as melodías que elaboraron o luns, tiñan que adiviñar a canción. Italianos e españois uniron os seus coñecementos para identificar cancións populares de ambos paises.
Tamén realizmos un taller de chapas personalizadas onde deseñaron o seu recordo de Verín e experimentaron todo o proceso para elaboralas.
Para rematar a mañá, fixemos unha visita especial á radio do centro, onde tiveron a oportunidade de realizar unha entrevista na que falaron da súa experiencia na mobilidade do Erasmus+, compartindo o que máis lles gustou desta experiencia.
Rematamos o día cunha cea de despedida para o profesorado acompañante do Liceo Leonardo Da Vinci, unha cea que nos serviu para compartir e reflexionar sobre as experiencias no Erasmus+. Foi un auténtico pracer!
No hay comentarios:
Publicar un comentario