viernes, 10 de mayo de 2024

Día 3 en Macedonia: taller sobre altas capacidades.





 Hoxe tivemos a oportunidade de asistir a un taller sobre o alumnado con altas capacidades. Unha psicóloga da Gestalt, especializadas na formación do profesorado, achegounos algúns conceptos básicos sobre o alumnado con altas capacidades e orientounos para poder detectar casos entre o alumnado dunha forma temperá. Realizamos dinámicas como a coñecida dinámica acuario na que tivemos a oportunidade de intercambiar experiencias e puntos de vista.

Realmente, foi un taller no que aprendemos moitas cousas sobre o tema!

Unha vez rematada a mañá, dirixímonos cos nosos compañeiros macedonios e daneses ao Old Bazar, unha antiga rúa turca, na que degustamos comida típica.

Despois de comer visitamos o Museo do Holocausto, un dos máis grandes e populares de Europa. Saímos todos moi impresionados, foi unha visita na que coñecemos moitos datos históricos. 

Para finalizar o día, tomamos un café turco e coñecemos un pouco máis da diversidade cultural deste país!


No hay comentarios:

Publicar un comentario