miércoles, 8 de mayo de 2024

Día 2 en Macedonia: día de excursións!

 Hoxe foi un día festivo posto foron as eleccións ao goberno de Macedonia. Aproveitando o día libre, as compañeiras macedonias organizaron un día cheo de excursións para coñecer a fondo o país.

A primeira hora, dirixímonos en autobús ao chamado canón Matka, unha versión macedonia do noso canón do Sil. Unha paisaxe incrible que percorremos nunha pequena barca ao longo do río.

Despois dunha parada para un café, dirixímonos ao monte Vodno, un punto de interese turístico debido a unha gran cruz que se atopa no alto. Nesta ocasión o teleférico estaba pechado polo que non tivemos oportunidade de vela pero demos un paseo polo parque e comemos, novamente, un prato típico macedonio.

Xa de tarde, visitamos o Old Bazar, un antigo bazar turco que se atopa no centro de Skpjie. Alí mercamos algúns recordos e comemos algúns doces turcos! Boísimos!! 

Finalmente, rematamos o día ceando nun bonito restaurante! Pilas cargadas para mañá! 










No hay comentarios:

Publicar un comentario