martes, 7 de mayo de 2024

Día 1 en Macedonia: taller de dislexia

 Despois de descansar toda a noite, esta mañá madrugamos para desfrutar dun rico almorzo macedonio e emprender o camiño ao instituto.

Unha vez alí, esperábannos as compañeiras macedonias que nos fixeron unha breve presentación do país e do instituto. 

A continuación comezamos co taller de dislexia que foi impartido por unha experta no tema, a cal traballa para a asociación de dislexia Einstein. Fíxemos varias dinámicas que nos axudaron a comprender o que alumnado con dislexia vive todos os días na aula. Aprendemos un montón!

Ao rematar a mañá fomos a un restaurante macedonio a comer os seus pratos típicos. Estaba todo delicioso!

Xa coa barriga chea, dirixímonos ao centro de Skopje onde unha guía turística nos esperaba para facer un tour polos lugares máis emblemáticos da cidade e visitar tamén o museo da Nai Teresa de Calcuta.

O que quedou de tarde, tivemos tempo libre para investigar por nós mesmos os rincóns máis curiosos e escondidos da capital. Ata mañá!









No hay comentarios:

Publicar un comentario