jueves, 29 de febrero de 2024

Día 3 no Freixo

 Bo día! Onte pola mañá, despois de alrmozar, dirixímonos ao colexio do Freixo para traballar toda a mañá co club Comunica. Dividímonos en grupos e traballamos diversas cousas: gravamos uns podcast debatendo sobre a autoimaxe que creamos do noso propio corpo e como nos inflúen as redes sociais.

Outro dos grupos traballaron a gravación dun poema, a análise dunha canción nun espazo coñecido dentro do xornal como o MP3, a gravación de noticias breves no apartado coñecido como o minuto e a gravación de noticias para o telexornal.

De tarde tivemos a oportunidade de facer unha camiñada dunhas dúas horas polos montes do Freixo acompañados polo profesor Sergio.

Como estabamos canso, fomos para o camping pero ao ver o parque multiaventuras o cansazo marchou e puxémonos a xogar toda a tarde.

Pola noite repetimos cea na pizzería e descansamos para o día próximo!! A aventura continúa!









 

martes, 27 de febrero de 2024

Día 2 no Freixo

 Hoxe levantámonos e tiñamos un super almorzo preparado para nós! Estivemos un tempiño xogando cuns carricoches que hai no camping e logo emprendimos o camiño á escola.

Xa alí, fixemos as nosas primeiras medicións co sonómetro obtendo resultados moi curiosos.

Para xantar, hoxe tiñamos pasta con carne e unha peza de froita.

Coa barriga xa chea, participamos de novo no club de meteoroloxía, gravando os vídeos da predicación do tempo para mañá. Ao acabar fixos unha actividade teatral coa que botamos unhas risas.

Ao chegar ao camping, emprendimos unha aventura de exploración e descubrimos un parque multiaventura dentro do propio recinto! Foi xenial!!

Finalmente para cear unhas pizzas e para a cama que xa estamos cansos!! Boas noites 😘






lunes, 26 de febrero de 2024

Día 1 Freixo

 Esta mañá o noso equipo Erasmus, partiu cara ao Agrupamento de








Escolas do Freixo, onde nos esperaban os nosos colegas portugueses cos brazos abertos.

Unha vez que chegamos, recibiunos o equipo directivo e os profesores que nos acompañarán durante os próximos días: profesorado do club de robótica, do club de metereoloxía, o club de comunicación... Despois dunha breve presentación fixemos un percorrido polo colexio mostrándonos as aulas máis especiais deste centro educativo.

Como estabamos fametos, dirixímonos ao comedor onde tivemos a oportunidade de facer un xantar típico portugués acompañados dos nosos compañeiros lusos. A comida consistiu nunha crema de verduras e unha feixoada con arroz. 

Despois dun tempo libre no que tivemos oportunidade de coñecer aos nosos novos compañeiros, tivemos o pracer de participar nas actividades do club de meteoroloxía. Participamos na gravación de pequenos vídeos nos que tivemos que facer unha breve presentación sobre a situación meteorolóxica do Freixo e tamén a de Verín. Quedamos fascinados xa que os nenos portugueses que nos acompañaron e guiaron nesta aventura tiñan 10 anos e traballaban que daba gusto!!

Visitamos tamén o makerspace, unha aula de robótica na que tivemos o primeiro contacto coa programación do sonómetro. 

Como xa estabamos cansos, dirixímonos ao centro da vila para merendar nunha panadería típica portuguesa e paramos tamén a mercar unhas lambetadas para comer nas cabanas. 

Xa na hospedaxe laranjalimao, xogamos cuns triciclos e nun pequeno parque construído con madeira, así fixemos un pouco de fame para, máis tarde, ir a cear. 

Hoxe estamos todos cansos, seguro que imos durmir moi ben!! Até mañá!! 


domingo, 4 de febrero de 2024

Collége Jean Rostand (Draguignan) Francia

 O noso proxecto faise real. Xa temos as datas da nosa mobilidade a Francia!!

A primeira videoconferencia con Laure Legrand and Aude Morino, as profesoras francesas coas que estamos a traballar



Mobilidade a Freixo

 Xa temos a selecció do alumnado que viaxará a Freixo (Portugal)

lunes, 29 de enero de 2024

Visita Preparatoria Freixo

 O pasado luns, día 29 de xaneiro tivemos a visita preparatoria para a mobilidade ó Agrupamento de Escolas do Freixo para desenvolver o noso proxecto de Contaminación Acústica. Dende a chegada a Viana do Castelo o día anterior, para ir preparando tamén a visita cultural que alí faremos ata a xornada de traballo na Escola, puidemos comprobar  a forma de traballo no país luso, así como a profesionalidade  que todo o equipo do Freixo demostrou en cada momento: cooperación, colaboración, bo facer  e sempre abertos a visitas e a ensinar. Agraddecemos tamén a axuda de Xabier Garaloces, representando á empresa de software Hexagon, quen nos asesorou en todo momento da súa metodoloxía de traballo.  Estamos moi agradecidas e agradecidos dende todo o equipo Erasmus do IES Xesús Taboada Chivite,e a semana que vén comezamos xa coa primeira videoconferencia para ir montando e programando os nosos sonómetros, ós que de seguro lle sacaremos moito proveito!





 

domingo, 3 de diciembre de 2023

Experto invitado

 Na semana do 6 ao 10 de novembro tivemos con nós ao experto invitado húngaro Tibor Prievara, que impartiu varios obradoiros de gamificación.

Grazas a Tibor poidemos coñecer de primeira man en que consiste a gamificación e puxemos en práctica o seu sistema de puntos aloxado na plataforma Motimore.

Aquí podedes ver o programa 

 

O día 6, despois da benvida oficial, agasallamos a Tibor cunha xantar basado en produtos típicos.

 


 

O martes día 7 impartiu o primeiro dos obradoiros sobre gamificación



 


O día 8 Tibor participou activamente nalgunhas clases para poñer en práctica o seu método:





E o día 9 puidemos poñer en práctica co seu método na plataforma Motimore:




E o último día o noso director, César Sánchez agasallouno co cigarrón, emblema do noso pobo.


Nesta ligazón podedes escoitar a entrevista que lle fixo a profesora de inglés, Alicia Sánchez en RadioChivite.




Centro Acreditado Erasmus+

 Durante o curso 2022-23 redactamos o noso Plan Erasmus+ e solicitamos a Acreditación que nos foi concedida en xaneiro do presente ano. Xa somos centro Erasmus+ Acreditado!!!

Que significa isto para o centro?

1) Ser centro acreditado Erasmus+ significa que se nos recoñece unha vasta experiencia internacional polo que, a Unión Europea, a través do programa Erasmus+ nos outorgou este recoñecemento.

2) Grazas a ser centro acreditado imos recibir financiación durante os próximos cinco anos, para participar en actividades de mobilidade, formación e innovación educativa con outros centros europeos.

3) Garantimos que o noso alumando poida realizar actividades de mobilidade para visitar e estudar noutros centros educativos e realizar proxectos innovadores con alumnado da mesma idade.

4) Poñemos en práctica os obxectivos do noso Plan Erasmus+

5) Facilitamos que o profesorado e persoal do centro poida formarse e realizar visitas de observación para mellorar a súa práctica docente.


Nesta infografía pode verse os obxectivos que pretendemos conseguir:



martes, 24 de mayo de 2022

Segundo día en Budapest: Final report

 O proxecto está chegando ao seu fin e fai falta escribir o informe final para a nosa axencia nacional. Parte do día de hoxe estivo dedicado a traballar en equipo para concretar os aspectos a tratar.












Pero tamén quedou un anaco de tempo para desfrutar das relaxantes augas do spa.



lunes, 23 de mayo de 2022

Staff meeting en Budapest

 Intenso día de traballo en Budapest. Comezamos o día coa visita á Szbó Lörinc Iskola de Budapest para empezar un aprendizaxe por observación nas clases de química e historia en inglés e tamén nas clases de  inglés.










 





Fomos partícipes de como se ensina inglés aquí e tivemos a ocasión de asistir á clase do profesor de inglés experto en gamificación Tivor Prievara.






Pola tarde celebrouse o obradoiro internacional Erasmus+ onde os distintos países presentamos os programas que teñen éxito nos nosos centros. Para nós foi unha grade satisfacción o recibimento que tivo a nosa presentación sobre o noso programa de titoría entre iguais TEI.