Intenso día de traballo en Budapest. Comezamos o día coa visita á Szbó Lörinc Iskola de Budapest para empezar un aprendizaxe por observación nas clases de química e historia en inglés e tamén nas clases de inglés.
Fomos partícipes de como se ensina inglés aquí e tivemos a ocasión de asistir á clase do profesor de inglés experto en gamificación Tivor Prievara.
Pola tarde celebrouse o obradoiro internacional Erasmus+ onde os distintos países presentamos os programas que teñen éxito nos nosos centros. Para nós foi unha grade satisfacción o recibimento que tivo a nosa presentación sobre o noso programa de titoría entre iguais TEI.
No hay comentarios:
Publicar un comentario