Aquí podedes ver os traballos máis vistosos feitos polo alumnado que optaba á mobilidade de Alemania e Eslovaquia!!
Canta creatividade!
Aquí podedes ver os traballos máis vistosos feitos polo alumnado que optaba á mobilidade de Alemania e Eslovaquia!!
Canta creatividade!
Esta semana foi a profesora Tatiana Lethier a que quixo coñecer o noso centro para ver como traballamos coa inclusión.
Aquí podedes ver o programa que lle preparamos para o seu job shadowing
E así foi como chegou o último día e houbo que despedirse.
Durante a súa estadía, as nosas alumnas puideron coñecer boas prácticas educativas, participar en actividades formativas e achegarse á cultura húngara, compartindo ideas e experiencias con docentes e estudantes locais.
Cada mobilidade ofreceu unha perspectiva diferente, mais todas coincidiron nun mesmo obxectivo: aprender, inspirarse e fortalecer a cooperación internacional no marco do programa Erasmus+.
As persoas participantes destacaron a acollida calorosa do equipo anfitrión, a riqueza cultural da cidade e a importancia do intercambio europeo para o crecemento profesional e persoal.
Budapest deixou unha fonda pegada en todas elas e reforzou o noso compromiso de seguir promovendo novas oportunidades de mobilidade e aprendizaxe
Se queredes saber máis do que fixeron Marina, Lara e Uxía aquí podes ler os seus blogs:
https://marinariverocastro.blogspot.com/
https://larafdezzzz.blogspot.com/
https://casivivindoenbudapest.blogspot.com/
E aquí podedes ver un resumo de parte do que fixeron Lara, Marina e Uxía en Budapest!! Unha gran oportunidade e un gran aprendizaxe!!
Hoxe foi o día de continuar coa observación e de participar na celebración dos Erasmus Days no noso centro.
Por suposto houbo tempo de lecer no pincho xoves!!
Na semana do 15 ao 17 de outubro recibimos a visita de Malik Boutekka, vicedirector do College Jean Rostand de Draguignan, que quería coñecer de primeira man o funcionamento do noso centro.
Aquí podedes ver as actividades do primeiro día
Hoxe tivemos o pracer de recibir a Arthur Baudoin, alumno do College Jean Rostand de Draguignan que vai facer unha mobilidade individual Erasmus+ no centro e convivindo con Miguel Gómez, de 1º de bacharelato.
Xa están as nosas alumnas, Uxía, Lara e Marina dispostas a desfrutar da súa estadía no instituto de Budapest