E así foi como chegou o último día e houbo que despedirse.
Durante a súa estadía, as nosas alumnas puideron coñecer boas prácticas educativas, participar en actividades formativas e achegarse á cultura húngara, compartindo ideas e experiencias con docentes e estudantes locais.
Cada mobilidade ofreceu unha perspectiva diferente, mais todas coincidiron nun mesmo obxectivo: aprender, inspirarse e fortalecer a cooperación internacional no marco do programa Erasmus+.
As persoas participantes destacaron a acollida calorosa do equipo anfitrión, a riqueza cultural da cidade e a importancia do intercambio europeo para o crecemento profesional e persoal.
Budapest deixou unha fonda pegada en todas elas e reforzou o noso compromiso de seguir promovendo novas oportunidades de mobilidade e aprendizaxe
Se queredes saber máis do que fixeron Marina, Lara e Uxía aquí podes ler os seus blogs:
https://marinariverocastro.blogspot.com/
https://larafdezzzz.blogspot.com/
https://casivivindoenbudapest.blogspot.com/

No hay comentarios:
Publicar un comentario