domingo, 3 de diciembre de 2023

Experto invitado

 Na semana do 6 ao 10 de novembro tivemos con nós ao experto invitado húngaro Tibor Prievara, que impartiu varios obradoiros de gamificación.

Grazas a Tibor poidemos coñecer de primeira man en que consiste a gamificación e puxemos en práctica o seu sistema de puntos aloxado na plataforma Motimore.

Aquí podedes ver o programa 

 

O día 6, despois da benvida oficial, agasallamos a Tibor cunha xantar basado en produtos típicos.

 


 

O martes día 7 impartiu o primeiro dos obradoiros sobre gamificación



 


O día 8 Tibor participou activamente nalgunhas clases para poñer en práctica o seu método:





E o día 9 puidemos poñer en práctica co seu método na plataforma Motimore:




E o último día o noso director, César Sánchez agasallouno co cigarrón, emblema do noso pobo.


Nesta ligazón podedes escoitar a entrevista que lle fixo a profesora de inglés, Alicia Sánchez en RadioChivite.




Centro Acreditado Erasmus+

 Durante o curso 2022-23 redactamos o noso Plan Erasmus+ e solicitamos a Acreditación que nos foi concedida en xaneiro do presente ano. Xa somos centro Erasmus+ Acreditado!!!

Que significa isto para o centro?

1) Ser centro acreditado Erasmus+ significa que se nos recoñece unha vasta experiencia internacional polo que, a Unión Europea, a través do programa Erasmus+ nos outorgou este recoñecemento.

2) Grazas a ser centro acreditado imos recibir financiación durante os próximos cinco anos, para participar en actividades de mobilidade, formación e innovación educativa con outros centros europeos.

3) Garantimos que o noso alumando poida realizar actividades de mobilidade para visitar e estudar noutros centros educativos e realizar proxectos innovadores con alumnado da mesma idade.

4) Poñemos en práctica os obxectivos do noso Plan Erasmus+

5) Facilitamos que o profesorado e persoal do centro poida formarse e realizar visitas de observación para mellorar a súa práctica docente.


Nesta infografía pode verse os obxectivos que pretendemos conseguir:



martes, 24 de mayo de 2022

Segundo día en Budapest: Final report

 O proxecto está chegando ao seu fin e fai falta escribir o informe final para a nosa axencia nacional. Parte do día de hoxe estivo dedicado a traballar en equipo para concretar os aspectos a tratar.












Pero tamén quedou un anaco de tempo para desfrutar das relaxantes augas do spa.



lunes, 23 de mayo de 2022

Staff meeting en Budapest

 Intenso día de traballo en Budapest. Comezamos o día coa visita á Szbó Lörinc Iskola de Budapest para empezar un aprendizaxe por observación nas clases de química e historia en inglés e tamén nas clases de  inglés.










 





Fomos partícipes de como se ensina inglés aquí e tivemos a ocasión de asistir á clase do profesor de inglés experto en gamificación Tivor Prievara.






Pola tarde celebrouse o obradoiro internacional Erasmus+ onde os distintos países presentamos os programas que teñen éxito nos nosos centros. Para nós foi unha grade satisfacción o recibimento que tivo a nosa presentación sobre o noso programa de titoría entre iguais TEI.








domingo, 1 de mayo de 2022

Día 1 de maio: Fin das mobilidades de alumnado

 E hoxe púxose fin as mobilidades de alumnado do programa Erasmus+KA229 Sharing4Caring. A pandemia fixo que tiveramos que adiar as mobilidades para este curso académico pero pagou a pena. Esperamos que o percorrido feito por todos os que participamos nas mobilidades nos sirva para concienciarnos aínda máis sobre a importancia deste espazo europeo de educación permanente e para darnos conta de que todos somos e facemos Europa. Longa vida ó Erasmus+!

 







 

Día 30 de abril: chegou o momento da despedida

 Moitas emocións vividas, momento máxicos difíciles de esquecer...a mobilidade finlandesa chega ó seu fin pero o noso alumnado e profesorado Erasmus+ ven coa mochila cargada de experiencias inesquecibles. Pero antes de abandonar Finlandia hoxe toca pasar o día en Helsink, visitar o museo de ciencia Eureka e celebrar o Vappu, a gran festa para celebrar a chegada da primavera. No día de hoxe os fineses sacan as súas gorras brancas de graduación e enchen os parques da cidade.

Tradicións coma a da "coroación" da estatua de Havis Amanda, un dos monumentos máis coñecidos da cidade, por parte dos estudantes e o ambiente festivo da capital finesa puido ser desfrutado polos nosos Erasmus+. Que sorte tiveron!