Comezamos o segundo día do curso traballando en pequenos grupos. Cada grupo elixiu unha temática, a partir do mesmo prompt comparamos o resultado en distintas aplicacións. No noso caso eliximos a temática “Computer Science” e analizamos os resultados obtidos en “Copilot”, “Perplexity” e “Julius”. É curioso ver que dependendo da temática é máis conveniente unha aplicación ca outra. No noso caso obtivemos mellores resultados con “Copilot”.
Continuamos cun Kahoot no cal debiamos distinguir entre imaxes reais ou creadas con IA.
A continuación, analizamos as características que definen unha imaxe creada con IA, aínda que cada vez é máis complicado diferencialas.
Tamén comparamos varias aplicacións para planificar unidades didácticas.
Tras as clases realizamos unha visita guiada por La Valeta. Como curiosidade destacar que nun dos monumentos que nos mostrou o guía hai referencia a Galicia, xa que está a famosa vieira símbolo do camiño de Santiago.
Para rematar o día probamos cervexa típica maltesa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario