Hoxe empeza esta aventura en Budapest. Comezamos o día co recibimento que nos fixo a directora da escola húngara, TündebT. Zuggó e cun paseo polas instalacións:
E despois chegou o momento de facer as nosas presentacións sobre os estereotipos de cada país. Divertímonos co noso e fixemos un Kahoot entre todos
E por suposto tivemos tempo para falar sobre a nosa identidade local no obradoiro: Faces of Europe
E como non podía ser menos houbo unha degustación de pratos típicos de cada país:
Despois deste "International Brunch" tocou unha caza do tesouro por Pest, a parte máis oriental da cidade. Que ben o pasamos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario