Estupendo día cheo de actividades enriquecedoras para o alumnado. Empezamos cun obradoiro de química no que o alumnado, dividido en grupos, fixo xabón e perfume personalizado. Cada grupo podía escoller o aroma desexado e logo empaquetaríao nunha caixa feita por eles mesmos.
Entre obradoiro e obradoiro había que repoñer forzas con este delicioso snack
Pola tarde houbo tempo para os deportes e os bailes tradicionais. Que ben o pasamos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario