viernes, 10 de enero de 2025

Experta Invitada: María Antonia Brandão

Innovative Learning Course 🔎



As tardes do 9 e 10 de xaneiro, o noso instituto tivo o privilexio de acoller un obradoiro moi especial, centrado nas novas metodoloxías e innovación na ensinanza. Durante este tempo que compartimos, o profesorado participou nunha experiencia única dirixida pola Experta Invitada María Antonia Brandão, profesora no Agrupamento de Escolar D. Afonso Henriques en Vila das Aves, Portugal.

María Antonia, a través de dinámicas participativas, exemplos prácticos e coa súa propia experiencia, animounos a explorar recursos innovadores que temos ao noso alcance. Durante estas xornadas observamos como as novas tecnoloxías poden ser grandes aliadas na aula e que con elas podemos transformar os espazos de aprendizaxe en contornas máis flexibles e inclusivas.


Gracias María Antonia, por compartir con nós a túa experiencia e por invitarnos a transformar a educación e adaptarnos aos retos do futuro!

lunes, 14 de octubre de 2024

Primeiro día en Budapest e blog diario

 Celia, David, Martina e Sabela xa están en Budapest comezando a súa mobilidade individual de alumnado no SZLI-Pasaréti Szabó Lőrinc Magyar-Angol Két Tanítási Nyelvű Ált.Isk.és Gimn de Budapest.

Tras unhas actividades de team building para coñecer aos novos/as compañeiros/as puideron desfrutar dun roteiro polo centro de Budapest.








Aquí podedes ler os resumos que nos fixeron Martina, Sabela, Celia e David da súa estadía en Hungría.




sábado, 12 de octubre de 2024

Farewell ceremony

 E a moblilidade Erasmus de longa duración do alumnado húngaro chegou a súa fin.

Celebramos hoxe o acto de despedida con entrega de certificados a cargo do director, vídeo de despedida e agasallos de despedida.

Este é o vídeo lembranza de despedida de parte do Equipo Erasmus+

Thank you, Dora, Daniel, Szonja e Daniel for bringing your diverse perspectives and enthusiasm to our school. We appreciate the unique experiences you shared and the friendships you built.





 

jueves, 3 de octubre de 2024

Xornada gastronómica

 Aproveitando que hoxe é xoves levamos ao alumnado húngaro a coñecer  os nosos pinchos. Que ben o pasamos escoitando as anécdotas da súa vida aquí!





martes, 1 de octubre de 2024

Curso actualización lingüística en Malta

 A nosa compañeira Elena Álvarez do departamento de Orientación ven de completar un curso de actualización lingüística en inglés en Malta.

Neste curso Elena puido mellorar a súa competencia comunicativa en inglés reforzando a súa formación continua.

Impulsar a formación continua do profesorado é fundamental para garantir a calidade educativa e responder aos desafíos do mundo. Ademais esta formación contribue ao desenvolvemento profesional do profesorado, mellorando as súas competencias pedagóxicas e reforzando a súa capacidade para motivar e inspirar ao estudantado.




Visitamos a radio

 Hoxe tivemos a honra de ser a "entrevista do día" en Cope Verín. Entrevistados por Feliciano Romero, Dora, Daniel, Szonja e Janka conversaron sobre a súa vida no en Verín e a súa experiencia co alumnado do Chivite.








Almorzo de benvida

 Que non se diga que no Chivite non somos hospitalarios!!!

Tras a benvida oficial a cargo do director do centro, convidamos aos nosos hóspedes húngaros a un sabros almorzo onde coñeceron ao profesorado que lles vai impartir clase en 1º de bacharelato.












Welcome Hungary

 Inauguramos este curso académico co recibimento do alumnado do Szabó LÓrinc Kétanyelvû Áltanos Iskola és Gimnázium de Budapest, que estará durante un mes no noso centro aprendendo español e convivindo con familias españolas.

Martina, Sabela, Celia e David, son os anfitrións que recibiron a Janka, Szonja, Dora e Daniel o dia 13 de setembro




Aquí vos presentamos o programa para os primeiros días




domingo, 15 de septiembre de 2024

Sexto día

 Despedida

Toca volver á casa! Erguémonos cedo e saímos cara ao aeroporto para coller o avión que nos levou ata Madrid. ✈🏢

Unha vez alí, quedábanos unha viaxe en tren para chegar á casa. 🚅🏠

Foron uns días intensos, pero moi produtivos; que nos proporcionaron unha visión dun ambiente escolar diferente no que puidemos empaparnos de todo o que escoitamos. Sen dúbida, volvemos felices e coa maleta cargada de novas experiencias e aprendizaxes.




DAY TIP:  



Quinto día

 Fin da mobilidade

Hoxe asistimos a dous job shadowing moi interesantes, que se desenvolveron dentro dunha aula específica de traballo con alumnado diagnosticado con algunha dificultade psicolóxica. Inicialmente, estivemos nunha clase de matemáticas de Tobias e, a continuación, estivemos noutra sesión que impartiu Biljana. Ambas as dúas foron moi enriquecedoras! 👀😻😻

Como peche, tivemos unha sesión-coloquio, na que puidemos compartir as nosas impresións sobre a organización e o desenvolvemento da formación á que asistimos durante estes catro días. Ademais, a directora do centro foi a encargada de realizar a entrega de diplomas a todos os participantes. 🙋📜📜📜

Pola tarde, saímos de paseo en barco. Non podíamos marchar de Copenhague sen facer un percorrido polas canles fluviais da cidade!🌉🌅

A despedida final foi cunha exquisita cea que compartimos todos os integrantes do grupo na casa da coordinadora do proxecto en Dinamarca, Katrine.🍖🍗🍚🍝🍷🍷



DAY TIP: