lunes, 27 de mayo de 2024

Visita a Marsella e volta a Verín!




 A mañá do sábado, despedímonos dos nosos amigos franceses na estación de tren e alí collemos dirección ao noso último destino: Marsella!

Pasamos a tarde visitando a zona vella de Marsella e a súa catedral, a máis grande de todo Francia.

Finalmente, fomos ao aeroporto para coller o avión que nos levaría de volta a casa!


domingo, 26 de mayo de 2024

Último día en Draguignan!

 Para a despedida do día de hoxe, preparamos un doces para degustalos esta noite todos xuntos.

Despois de varios talleres ao longo do día, esta noite faremos un festival a modo de despedida no que teremos a oportunidade de facer diante do noso público a coreografía que levamos toda a semana preparando! Foi unha festa moi emotiva na que desfrutamos moito pero tamén sentimos pena por nos despedir!! Isto non é un adeus, é un ata pronto!!






viernes, 24 de mayo de 2024

Día 4 en Draguignan

 Esta mañá fixemos varios talleres para poñernos un pouco máis guapos: primeiro elaboramos xabóns de mans, e a continuación traballamos na elaboración dunha máscara facial e unha crema para os beizos!!

Finalmente, para completar o look, rematamos a mañá facendo unhas bolsas de tea con anacos de roupa vella.

Despois do xantar, visitamos ó concello de Draguignan e coñecemos as súas instalacións!

Ao saír estivemos no museo das artes, que reabriu fai un par de meses. Visionamos a colección do museo e analizamos que emocións nos transmitían as distintas obras. Para rematar ás actividades, fixemos autorretratos nos que tiñamos que plasmar unha determinada emoción.

Foi un día moi completo e marabilloso no que aprendemos un montón!








jueves, 23 de mayo de 2024

Día 3 en Draguignan!

 Esta mañá tivemos unha excursión, visitamos a illa de Santa Margarida! Unha illa protexida, igual que as nosas Illas Cíes!

Alí vimos unha exposición feita con plástico reciclado, visitamos a casa do home da Máscara de Ferro e fixemos un picnic na hora do xantar! 

Xa de tarde, visitamos a vila de Cannes e coñecemos un pouco máis sobre o festival de cine!







miércoles, 22 de mayo de 2024

Día 2 en Draguignan

 Está mañá ao chegar ao colexio tivemos, en primeiro lugar, unha presentación de benvida na que os nosos amigos franceses non leron cartas e nos recibiron con carteis elaborados por eles. Tamén coñecemos ao alcalde de Draguignan e ao director do instituto. Ademais descubrimos que nesta aventura non estamos soamente os galegos, tamén hai compañeiros finlandeses de Erasmus! Despois dun rico almorzo ao que nos convidaron, empezamos a primeira actividade!

Escoitamos e analizamos unha canción que fala sobre o medioambiente e coa profesora de Educación Física comezamos a practicar unha coreografía que teremos oportunidade de representar o venres. Amosáronnos tamén, unha das coreografía do seu musical. Igual ca nós, todos os anos preparan un musical que logo representan no teatro da cidade. Este ano tocou o musical de Matilda!

Despois dunha pausa para xantar, participamos en tres obradoiros: o primeiro era de socioloxía, o segundo consistiu na creación dun logo para o proxecto Erasmus que estamos desenvolvendo e para rematar, participación nun taller de creación de cartas en base ás nosas emocións!

Que día tan intenso!! Canto aprendemos!








lunes, 20 de mayo de 2024

Instalación coas familias de Draguignan!

 Esta mañá, despois dun almorzo moi francés, visitamos o Museo Xeral de Niza. Encantounos!!

Logo visitamos o casco vello da cidade e comemos alí. Despois emprendemos o camiño a Draguignan, xa era hora de encontrarnos cos nosos colegas franceses!! Foi xenial volver a vernos despois destes meses!!







domingo, 19 de mayo de 2024

Viaxe a Draguignan

 Hoxe o noso alumnado prendeu a viaxe a Draguignan. É hora de volver atoparnos cos nosos colegas franceses! 


Antes de chegar a Draguignan fixemos unha primeira parada en Niza! Un lugar fabuloso no que tivemos a oportunidade de darnos o primeiro baño do ano na praia! 





sábado, 11 de mayo de 2024

Último día en Macedonia: taller sobre as relacións alumno-profesor

 Último día en Macedonia!

Está mañá xa nos levantamos un pouco máis triste porque se achega o fin desta experiencia!

Ao chegar ao instituto, participamos nun taller sobre as relacións establecidas entre alumnado e profesorado. Fixemos unhas marabillosas dinámicas nas que participou o alumnado da escola e aprendemos un montón de cousas.

Ademais, participamos en dous job shadowing, nun deles o noso compañeiro Juan tivo a oportunidade de dar unha clase falando da educación emocional.

Ao rematar, realizamos un pequeno acto de despedida no que nos entregaron diplomas e pequenos agasallos.

Xa de noite, fixemos unha cea de despedida nun bonito restaurante macedonio. Esperamos volver a ver as nosas novas amigas pronto! See you soon!