martes, 16 de marzo de 2021

Xornadas Internacionaliza a túa Escola

 O sábado día 13 participamos nas Xornadas "Internacionaliza a túa Escola" organizadas polo CAFI de Santiago para difundir os nosos proxectos Erasmus+ e máis en concreto o programa KA2 "Sharing4Caring".






miércoles, 2 de diciembre de 2020

Un ano despois.........

 Hoxe fai un ano que iniciamos esta marabillosa aventura europea. Foi unha semana intensa, chea de boas experiencias e onde o lema do programa: sharing4caring se converteu na pedra angular de todas as  actividades.

Un ano despois queremos lembrar a semana do 2-7 de decembro de 2019 neste vídeo recopilatorio.


LEMBRANZA ERASMUS - REDES from Xesús Taboada chivite on Vimeo.






jueves, 19 de noviembre de 2020

Greetings from Verín

 Algúns dos nosos estudantes Erasmus+ fixeron un vídeo no seu idioma saudando ós compañeiros do resto das escolas socias. Esta actividade é parte dun proxecto común que quede poñer de manifesto o plurilingüismo e a diversidade. Ánimo rapaces!!


Traballos virtuais: Unidos na diversidade

 Aínda que non podemos facer mobilidades aos distintos países, non estamos parados.

Aquí podedes ver como os estudantes finlandeses traballan pósters co lema do proxecto: Unidos na diversidade



domingo, 15 de noviembre de 2020

Encontro virtual de coordinadores

 O día 14 de novembro tivemos un encontro virtual de coordinadores dos cinco países participantes para establecer un novo calendario de mobilidades que tiveron que ser interrompidas por mor da pandemia da COVID-19.

Agardamos poder retomar as mobilidades pendentes en canto a situación sanitaria mellore e se poida viaxar de xeito seguro.





lunes, 4 de mayo de 2020

domingo, 19 de abril de 2020

Día 7 de decembro: bágoas nos ollos, chega a despedida

E así concluía unha semana emocionante, ninguén quería marchar.....
Ata pronto! Vémonos en Italia no 2020!





Alumnado e familias antes de coller o bus de volta a Porto

Día 6 de decembro: Excursión a Santiago de Compostela e cea de despedida

No derradeiro día de actividades programadas non podíamos deixar de visitar Santiago de Compostela,  a súa magnífica catedral e as súas rúas con encanto. Foi un gran día!











5 de decembro: Tour polo castelo de Monterrei

Alumnado e profesorado Erasmus+ fixo unha andaina ata o castelo de Monterrei, onde realizaron un tour guiado.







5 de decembro: Proxección da longa "Hamada" dentro do festival internacional de curtas de Verín FIC VIA XIV

Para dar a coñecer o conflito do Sahara levamos ao alumnado a proxección da longa de Eloy Domínguez "Hamada" que conta a historia dun grupo de amigos que viven nun campamento de refuxiados en pleno deserto. Tralo visionado tivemos a oportunidade de asistir a unha charla-coloquio co director seguida dunha recepción polo tenente de alcalde Diego Lorenzo na Casa da Cultura.