lunes, 10 de febrero de 2025

1st day: o liceo italiano Leonardo Da Vinci coñece o Chivite

Chegou o día! 

Dende o IES Xesús Taboada Chivite de Verín dámoslles a benvida aos nosos invitados recén chegados de Acquapendente (Italia). 

Comezamos cunha benvida oficial e cunha actividade de presentación para romper o xeo empregando as cartas do Dixit.


Despois, fixemos un tour polo instituto tendo aos mellores guías, o alumnado de 4ºESO foi o encargado de presentar as instalacións. Parada obrigatoria: A radio da biblioteca!


Para descansar e repoñer forzas, disfrutamos dunha deliciosa merenda na Sala Dual.


Crearon as súas propias melodías para as caixas musicais coa actividade Melody Box 🎵 no salón de actos.


Despois, fixemos unha visita ao concello de Verín, onde lles deron aos nosos invitados a benvida á vila de Verín.


Parada para comer na cafetería do instituto para despois desfrutar dunha entretida clase de inglés.


E rematamos a xornada! Ata mañá  👋













martes, 4 de febrero de 2025

STEMBRIDGE: Bridging Cultures with STEM, 3, 2, 1...

THE COUNTDOWN BEGINS!

Xa temos todo listo para acoller ao alumnado do Liceo Leonardo Da Vinci de Acquapendente (Italia).



O liceo italiano visitaranos durante a semana do 10 ao 15 de febreiro. Este será o noso planning de actividades:










viernes, 10 de enero de 2025

Experta Invitada: María Antonia Brandão

Innovative Learning Course 🔎



As tardes do 9 e 10 de xaneiro, o noso instituto tivo o privilexio de acoller un obradoiro moi especial, centrado nas novas metodoloxías e innovación na ensinanza. Durante este tempo que compartimos, o profesorado participou nunha experiencia única dirixida pola Experta Invitada María Antonia Brandão, profesora no Agrupamento de Escolar D. Afonso Henriques en Vila das Aves, Portugal.

María Antonia, a través de dinámicas participativas, exemplos prácticos e coa súa propia experiencia, animounos a explorar recursos innovadores que temos ao noso alcance. Durante estas xornadas observamos como as novas tecnoloxías poden ser grandes aliadas na aula e que con elas podemos transformar os espazos de aprendizaxe en contornas máis flexibles e inclusivas.


Gracias María Antonia, por compartir con nós a túa experiencia e por invitarnos a transformar a educación e adaptarnos aos retos do futuro!

lunes, 14 de octubre de 2024

Primeiro día en Budapest e blog diario

 Celia, David, Martina e Sabela xa están en Budapest comezando a súa mobilidade individual de alumnado no SZLI-Pasaréti Szabó Lőrinc Magyar-Angol Két Tanítási Nyelvű Ált.Isk.és Gimn de Budapest.

Tras unhas actividades de team building para coñecer aos novos/as compañeiros/as puideron desfrutar dun roteiro polo centro de Budapest.








Aquí podedes ler os resumos que nos fixeron Martina, Sabela, Celia e David da súa estadía en Hungría.




sábado, 12 de octubre de 2024

Farewell ceremony

 E a moblilidade Erasmus de longa duración do alumnado húngaro chegou a súa fin.

Celebramos hoxe o acto de despedida con entrega de certificados a cargo do director, vídeo de despedida e agasallos de despedida.

Este é o vídeo lembranza de despedida de parte do Equipo Erasmus+

Thank you, Dora, Daniel, Szonja e Daniel for bringing your diverse perspectives and enthusiasm to our school. We appreciate the unique experiences you shared and the friendships you built.





 

jueves, 3 de octubre de 2024

Xornada gastronómica

 Aproveitando que hoxe é xoves levamos ao alumnado húngaro a coñecer  os nosos pinchos. Que ben o pasamos escoitando as anécdotas da súa vida aquí!





martes, 1 de octubre de 2024

Curso actualización lingüística en Malta

 A nosa compañeira Elena Álvarez do departamento de Orientación ven de completar un curso de actualización lingüística en inglés en Malta.

Neste curso Elena puido mellorar a súa competencia comunicativa en inglés reforzando a súa formación continua.

Impulsar a formación continua do profesorado é fundamental para garantir a calidade educativa e responder aos desafíos do mundo. Ademais esta formación contribue ao desenvolvemento profesional do profesorado, mellorando as súas competencias pedagóxicas e reforzando a súa capacidade para motivar e inspirar ao estudantado.




Visitamos a radio

 Hoxe tivemos a honra de ser a "entrevista do día" en Cope Verín. Entrevistados por Feliciano Romero, Dora, Daniel, Szonja e Janka conversaron sobre a súa vida no en Verín e a súa experiencia co alumnado do Chivite.








Almorzo de benvida

 Que non se diga que no Chivite non somos hospitalarios!!!

Tras a benvida oficial a cargo do director do centro, convidamos aos nosos hóspedes húngaros a un sabros almorzo onde coñeceron ao profesorado que lles vai impartir clase en 1º de bacharelato.












Welcome Hungary

 Inauguramos este curso académico co recibimento do alumnado do Szabó LÓrinc Kétanyelvû Áltanos Iskola és Gimnázium de Budapest, que estará durante un mes no noso centro aprendendo español e convivindo con familias españolas.

Martina, Sabela, Celia e David, son os anfitrións que recibiron a Janka, Szonja, Dora e Daniel o dia 13 de setembro




Aquí vos presentamos o programa para os primeiros días