viernes, 31 de octubre de 2025

Ata pronto Budapest!!

 E así foi como chegou o último día e houbo que despedirse.

Durante a súa estadía, as nosas alumnas puideron coñecer boas prácticas educativas, participar en actividades formativas e achegarse á cultura húngara, compartindo ideas e experiencias con docentes e estudantes locais.

Cada mobilidade ofreceu unha perspectiva diferente, mais todas coincidiron nun mesmo obxectivo: aprender, inspirarse e fortalecer a cooperación internacional no marco do programa Erasmus+.

As persoas participantes destacaron a acollida calorosa do equipo anfitrión, a riqueza cultural da cidade e a importancia do intercambio europeo para o crecemento profesional e persoal.

Budapest deixou unha fonda pegada en todas elas e reforzou o noso compromiso de seguir promovendo novas oportunidades de mobilidade e aprendizaxe

Se queredes saber máis do que fixeron Marina, Lara e Uxía aquí podes ler os seus blogs:

 

https://marinariverocastro.blogspot.com/

https://larafdezzzz.blogspot.com/

https://casivivindoenbudapest.blogspot.com/

 


jueves, 23 de octubre de 2025

Actividades non stop

 E aquí podedes ver un resumo de parte do que fixeron Lara, Marina e Uxía en Budapest!! Unha gran oportunidade e un gran aprendizaxe!!








 

viernes, 17 de octubre de 2025

Erasmus Days

 

Hoxe foi o día de continuar coa observación  e de participar na celebración dos Erasmus Days no noso centro.

Por suposto houbo tempo de lecer no pincho xoves!!

 


 

jueves, 16 de octubre de 2025

Job shadowing Innovative Learning

 Na semana do 15 ao 17 de outubro recibimos a visita de Malik Boutekka, vicedirector do College Jean Rostand de Draguignan, que quería coñecer de primeira man o funcionamento do noso centro.

Aquí podedes ver as actividades do primeiro día 

 


 

miércoles, 15 de octubre de 2025

Recibimos a Arthur Baudoin

 Hoxe tivemos o pracer de recibir a Arthur Baudoin, alumno do College Jean Rostand de Draguignan que vai facer unha mobilidade individual Erasmus+ no centro e convivindo con Miguel Gómez, de 1º de bacharelato.




 

lunes, 13 de octubre de 2025

Primeiros días en Budapest

 Xa están as nosas alumnas, Uxía, Lara e Marina dispostas a desfrutar da súa estadía no instituto de Budapest