viernes, 4 de julio de 2025

A aventura chegou ó seu fin

 No última día do curso fixemos un repaso das aplicacións.

Creamos estaa canción grupal con Suno.

AI Waves & Europass Days (Afro version) by SensoryAwards6451 | Suno

Esta outra está baseada na miña experiencia. https://suno.com/s/RhGILQXVvJWgCRQp

Tamén falamos da ética da IA e da súa aplicación en centros concretos, vimos o exemplo dun centro na China no que a IA está completamente integrada no día a día.

A continuación recibimos os nosos diplomas.


Ó rematar disfrutamos dunha típica comida maltesa.


Tamén tivemos a sorte de coñecer lugares como a Blue Grotto.


O curso chegou ó seu fin, pronto levaremos a práctica nas aulas todo o aprendido.

Foi unha experiencia inolvidable, da que todos levamos moi bos recordos.


Gamificación



No cuarto día do curso aprendemos a traballar con aplicacións de gamificación, para facer as nosas clases máis amenas.

Creamos cuestionarios similares a Kahoot en apenas uns minutos, para o que empregamos Conker e QuizzGecko. Logo puxemos a proba ós nosos compañeiros sobre a historia de La Valeta e Mdina.


Tamén tivemos a oportunidade de probar Snorkl e Baugarten, este último cun aspecto similar ós videoxogos, pero empregado para aprender inglés ou matemáticas.



Por último, aprendemos a crear chats con Mizu como axuda para resolver as dúbidas dos nosos estudantes e que eles mesmos sexan quen de avaliarse.

miércoles, 2 de julio de 2025

Ecuador do curso: creación de diapositivas, audios e vídeos con IA. Visita a Mdina e Rabat.

No terceiro día do curso comezamos empregando distintas aplicacións para crear diapositivas: Gamma, Slidesgo, Slides AI, Canva e Google slides.

Tamén empregamos distintas aplicacións para a creación de audio: NotebooKLM e Suno. No seguinte enlace podedes escoitar unha canción creada para que os estudantes aprendan sobre electricidade: https://suno.com/s/dScXdJbb8KGQ0vfX

Para finalizar aprendemos a crear vídeos con Synthesia e Lumen5.


Foi unha clase moi produtiva.

Tras rematar a clase o centro deunos a posibilidade de ir ata Mdina (antiga capital de Malta). Aproveitamos tamén para coñecer a cercana Rabat. Dúas cidades que merecen a pena ser vista.





Podemos decir que Galicia está moi presente en Malta e que todos os camiños levan a (Roma?) Santiago!!




martes, 1 de julio de 2025

Creando imaxes con IA e recorrendo La Valeta

Comezamos o segundo día do curso traballando en pequenos grupos. Cada grupo elixiu unha temática, a partir do mesmo prompt comparamos o resultado en distintas aplicacións. No noso caso eliximos a temática “Computer Science” e analizamos os resultados obtidos en “Copilot”, “Perplexity” e “Julius”. É curioso ver que dependendo da temática é máis conveniente unha aplicación ca outra. No noso caso obtivemos mellores resultados con “Copilot”.

Continuamos cun Kahoot no cal debiamos distinguir entre imaxes reais ou creadas con IA.


A continuación, analizamos as características que definen unha imaxe creada con IA, aínda que cada vez é máis complicado diferencialas.


Tamén comparamos varias aplicacións para planificar unidades didácticas.


Tras as clases realizamos unha visita guiada por La Valeta. Como curiosidade destacar que nun dos monumentos que nos mostrou o guía hai referencia a Galicia, xa que está a famosa vieira símbolo do camiño de Santiago.



En Valeta tamén hai vistas moi fermosas e edificios impresionantes.




Para rematar o día probamos cervexa típica maltesa.