A mobilidade portuguesa aparece na prensa local. Aquí podedes ler o resumo.
Menú
- Inicio
- Benvida
- O noso centro
- O noso proxecto 2019-2022
- Uusikaupunki kick-off meeting
- Verín
- Verín staff meeting
- Italy
- Portugal
- Hungary
- Finland
- Budapest staff meeting
- Opening2Diversity
- Centro Acreditado Erasmus+
- Curso Malta
- Expertos Invitados
- Freixo (Portugal)
- Visita preparatoria Freixo
- Verín-Draguignan
- Draguignan (Francia)
- Proxecto IDEAS Macedonia do Norte
- PROXECTO IDEAS Dinamarca
- Mobilidades individuais alumnado
- Verín-Acquapendente
- Acquapendente (Italy)
lunes, 14 de marzo de 2022
13 de marzo: Saímos na prensa local
sábado, 12 de marzo de 2022
12 de marzo: Regreso a Verín
E así damos por concluída unha mobilidade da que aprendemos moito e na que tivemos oportunidade de intercambiar experiencias e enriquecernos culturalmente.
O noso alumnado puido desenvolverse noutro idioma e coñecer culturas diferentes tras convivir con estudantes de 5 nacionalidades diferentes.
Agora xa estamos quentando motores para a próxima mobilidade. Hungría, off we go!!
viernes, 11 de marzo de 2022
11 de marzo: acudimos á mostra de educación de Santo Tirso e despedida na Cámara Municipal
Sen dúbida tras visitar os numeros stands da mostra de educación de Santo Tirso quedaron claras as oportunidades educativas no país veciño: hai un interesante abano de carreiras e ciclos formativos que o alumnado pode facer; esta é outra das vantaxas de movernos nun espazo europeo común.
10 de marzo: Visitamos Porto
Porto é segunda cidade máis poblada de Portugal e tivemos tempo de ver os seus rincóns máis emblemáticos e desfrutar da súa gastromía. Sen dúbida unha boa experiencia para todos.
Terceiro día: 9 de marzo: Obradoiro de química, deporte e danza
Estupendo día cheo de actividades enriquecedoras para o alumnado. Empezamos cun obradoiro de química no que o alumnado, dividido en grupos, fixo xabón e perfume personalizado. Cada grupo podía escoller o aroma desexado e logo empaquetaríao nunha caixa feita por eles mesmos.
Entre obradoiro e obradoiro había que repoñer forzas con este delicioso snack
Pola tarde houbo tempo para os deportes e os bailes tradicionais. Que ben o pasamos!!
Segundo día: 8 de marzo: Rally fotográfico en Costa Nova e Obradoiro de ovos moles en Aveiro
O segundo día da mobilidade portuguese non podía empezar mellor: estupenda visita a Costa Nova e obradoiro de ovos moles en Aveiro.
jueves, 10 de marzo de 2022
Terceira Mobilidade Erasmus+ O Chivite viaxa a Vila das Aves (Santo Tirso) do 7 ao 12 de marzo
E comezamos a terceira mobilidade dentro do programa Erasmus+ #sharing4caring esta vez en Vila das Aves (Portugal). Por diante temos unha semana chea de actividades interesantísimas preparadas polos nos anfitrións portugueses Agrupamento de Escolas D. Afonso Henriques que compartiremos cos nosos socios italianos, húngaros e finlandeses.
Aquí podedes ver as primeiras: Marshmallow challenge para romper o xeo e ir coñecéndose pouco a pouco e obradoiro para expresar as nosas emocións!!