viernes, 16 de enero de 2026

Quinto día: obradoiros de cociña e patinaxe

 

Nesta xornada tivemos a oportunidade de participar en obradoiros de cociña nos que a gastronomía se converteu nunha ferramenta de aprendizaxe e intercambio cultural. Traballando en equipo, aprendemos novas receitas, coñecemos ingredientes doutros países e compartimos tradicións culinarias que forman parte da identidade de cada cultura.

Ademais, a xornada completouse cunha actividade deportiva moi divertida: patinamos xuntos, fomentando o exercicio físico, o traballo en equipo e a convivencia nun ambiente distendido e cheo de bo humor.

Foi un día moi completo e enriquecedor, tanto a nivel práctico como persoal, no que combinamos aprendizaxe, actividade física e relacións interculturais. Unha experiencia que lembraremos polo bo ambiente, a colaboración e as ganas de compartir. 

 








jueves, 15 de enero de 2026

Cuarto día: Gymnasium Ottersberg

 No cuarto día da mobilidade en Ottersberg, pola mañá visitamos o colexio anfitrión e participamos en diferentes actividades que nos permitiron coñecer de primeira man o seu funcionamento e o día a día da comunidade educativa. Pola tarde, as actividades continuaron nos fogares, onde tivemos a oportunidade de convivir coas familias e realizar propostas pensadas para coñecernos mellor, compartir experiencias e afondar nos vínculos creados durante a mobilidade.

 






 

 

miércoles, 14 de enero de 2026

Terceiro día: Visitamos o museo da emigración.

 

Día 3
Hoxe visitamos o Museo da Emigración, unha experiencia para entender as historias de movemento, identidade e futuro que nos unen como europeos.
Ao mesmo tempo, o alumnado alemán e español vaise coñecendo mellor, compartindo experiencias, aprendizaxe e cultura.
 
 


 




martes, 13 de enero de 2026

Segundo día: explorando Bremen

 

No segundo día da nosa mobilidade Erasmus+ en Bremen, o alumnado participou en actividades centradas na convivencia, o intercambio cultural e a aprendizaxe activa xunto co centro anfitrión, o gymnasium Ottersberg.
Un día cheo de aprendizaxe, convivencia e experiencias que fortalecen o sentimento de pertenza a Europa.
 



 

lunes, 12 de enero de 2026

Primeiro día en Bremen

 E tras unha longa viaxe que nin a tormenta Goretti foi quen de interromper chegou o noso grupo a Bremen. Alí estaban agardando o alumnado alemán. Que comece a aventura!



domingo, 11 de enero de 2026