domingo, 28 de septiembre de 2025

Primeiro día no Collége Jean Rostand

 

Primeiro día no instituto Jean Rostand de Draguignan para Miguel Gómez de 1º de bacharelato.
Hoxe, Miguel viviu unha nova experiencia no seu segundo día no instituto Jean Rostand de Draguignan. Asistiu ás súas primeiras clases, onde comezou a coñecer o funcionamento do centro e o ritmo académico. Ademais, coñeceu ao seu partner, Arthur, con quen compartirá actividades e experiencias ao longo da súa estadía. Un paso máis na súa integración e adaptación a esta nova etapa!
 
Aquí podedes ler o blog de Miguel e a súa aventura francesa:
 
https://migueldraguignan.blogspot.com/?m=1
 


 

lunes, 15 de septiembre de 2025

Benvida a Menna, Fanni e Szonja





 

Hoxe demos a benvida oficial ás nosas novas alumnas húngaras, Menna, Szonja e Fanni, que nos acompañarán durante a súa estadía Erasmus+.

A xornada comezou cun acto de recepción a cargo do noso director, quen lles dedicou unhas cálidas palabras de benvida e lles presentou o noso centro.

Despois, compartimos un xantar na sala dual, onde puideron coñecer de maneira máis próxima ao profesorado que as acompañará nas súas clases durante estas semanas.

Estamos moi contentos de contar con elas e agardamos que esta experiencia sexa enriquecedora tanto a nivel académico como persoal.

Que sexa o inicio dunha gran aventura de aprendizaxe e amizade!