lunes, 30 de junio de 2025

Comezamos a aventura Erasmus!

 O último día de xuño deu comezo o curso “AI-Powered Content Creation for Educators”, que se leva a cabo na cidade de Valeta, en Malta.

Valeta é unha cidade fermosa, destaca polas súas edificacións históricas. Temos a sorte de realizar o curso no Palazzo de Messina.

Para comezar o curso realizamos unha actividade para romper o xeo. Dado que o curso e sobre creación de contido coa axuda da intelixencia artificial, pedímoslle axuda a “AI Magic School” para que nos dese exemplos de actividades. Fomos facendo por parellas unha especie de “citas rápidas” para coñecernos mellor.


A continuación cada docente realizou unha presentación sobre si mesmo, o seu instituto ou lugar de traballo e a súa función no mesmo. O que nos permitiu ter unha maior información sobre os nosos compañeiros de curso. Dos oito participantes no curso, tres vimos de España e dous da República Checa. O resto de docentes proveñen de Eslovaquia, Alemania e Irlanda. Xa estamos tecendo redes para futuros intercambios. 😊


Para finalizar o primeiro día do curso probamos algunhas aplicacións de IA. Charlamos con “ChatGPT Advanced Voice” e con Nelson Mandela a través de “PeopleAI”.


Esto non fixo máis que comezar! Estade atent@s.