domingo, 15 de septiembre de 2024

Sexto día

 Despedida

Toca volver á casa! Erguémonos cedo e saímos cara ao aeroporto para coller o avión que nos levou ata Madrid. ✈🏢

Unha vez alí, quedábanos unha viaxe en tren para chegar á casa. 🚅🏠

Foron uns días intensos, pero moi produtivos; que nos proporcionaron unha visión dun ambiente escolar diferente no que puidemos empaparnos de todo o que escoitamos. Sen dúbida, volvemos felices e coa maleta cargada de novas experiencias e aprendizaxes.




DAY TIP:  



Quinto día

 Fin da mobilidade

Hoxe asistimos a dous job shadowing moi interesantes, que se desenvolveron dentro dunha aula específica de traballo con alumnado diagnosticado con algunha dificultade psicolóxica. Inicialmente, estivemos nunha clase de matemáticas de Tobias e, a continuación, estivemos noutra sesión que impartiu Biljana. Ambas as dúas foron moi enriquecedoras! 👀😻😻

Como peche, tivemos unha sesión-coloquio, na que puidemos compartir as nosas impresións sobre a organización e o desenvolvemento da formación á que asistimos durante estes catro días. Ademais, a directora do centro foi a encargada de realizar a entrega de diplomas a todos os participantes. 🙋📜📜📜

Pola tarde, saímos de paseo en barco. Non podíamos marchar de Copenhague sen facer un percorrido polas canles fluviais da cidade!🌉🌅

A despedida final foi cunha exquisita cea que compartimos todos os integrantes do grupo na casa da coordinadora do proxecto en Dinamarca, Katrine.🍖🍗🍚🍝🍷🍷



DAY TIP:  




jueves, 12 de septiembre de 2024

Cuarto día

 Metodoloxías activas 


Hoxe comezamos a mañá con diversos job shadowing, nos que puidemos asistir ás clases de dúas profesoras danesas e tres profesoras de Macedonia para aprender das técnicas e métodos que empregan na docencia. 👀🙋📝


A continuación, continuamos o workshop sobre dislexia, centrándonos na parte máis práctica. Traballamos sobre todo a pronunciación, que é un dos maiores hándicaps á hora de aprender a lingua danesa. B P D T AE O U Y

Para cumprir co intenso programa, xusto despois de comer comezamos o obradoiro de metodoloxía activas co profesor Rudi Lauridsen, que durou tres horas. As técnicas baséanse na relación alumnado-profesorado e nunha ensinanza dinámica. 😻😈👻👾👽

Rematamos a xornada cunha cea co equipo Erasmus deste proxecto.



TIP DAY: 
 🎵🎶🎷🎵🎶🎺🎶






miércoles, 11 de septiembre de 2024

Terceiro día


Día completo sobre a dislexia! 


Comezamos o día traballando no handbook que estamos a elaborar entre todos os membros do proxecto. Continuamos cun workshop na clase de Mette sobre como atenden no VUC ao alumnado con dislexia.  📒📓📔📕💻

Seguindo con este tema, leváronnos ao National Centre for Reading, onde Marie Wolter Bertelsen nos fixo unha visita guiada e unha explicación sobre a dislexia en Dinamarca. Este problema afecta ao 8% da poboación, polo que o goberno mostra moito apoio e interese neste eido.

Pola tarde, no tempo de lecer, Pia acompañounos ao rooftop do Cinemateket para disfrutar das vistas da cidade. 🌳🌳🌲🌄

Ceamos nun restaurante italiano e todo estaba exquisito! 🍕🍕🍕🍕🍺🍺


DAY TIP:
Esta palabra non ten tradución exacta e trátase dunha filosofía danesa 
de valorar os pequenos praceres da vida e atopar felicidade nas pequenas cousas.






 

martes, 10 de septiembre de 2024

Segundo día


Recepción no centro  

A chegada ao VUC Lyngby foi moi acolledora, grazas ás persoas anfitrioas. 💖💖💖

Agasallo de benvida
Entrega á directora do VUC do detalle do noso centro


A continuación, fixéronnos un tour por este moderno centro onde puidemos ver diferentes e amplos espazos para o traballo en grupo e a convivencia dos axentes educativos.
🙉🙊🙈 Que envexa!
Amplos corredores
Acolledora sala de profesoras/es
 
A natureza, moi presente na cantina 🍏🍉🍆🍗🍴☕

Segundo o establecido no planning, tivemos varias sesións de traballo conxunto.

Despois destas horas intensas, tamén houbo espazo para o lecer. Percorremos a cidade con Claus, profesor de Historia. 📍📢👀



Agotadas tras un longo tour de máis de 3 horas, recuperamos forzas cunha deliciosa cea árabe!
😋😋


DAY TIP: 


















 

lunes, 9 de septiembre de 2024

Primeiro Día

Por fin chegou o día!

Comezamos con moita ilusión e ganas de formarnos a nosa viaxe a Copenhague.

A maioría do día pasámolo viaxando 🚇✈ , pero tivemos unha marabillosa benvida por parte dos anfitrións, onde nos explicaron detalladamente todo o planning.

🍻🍺

Cremos que vai ser un proxecto moi enriquecedor!!💗💗💗