O pasado luns, día 29 de xaneiro tivemos a visita preparatoria para a mobilidade ó Agrupamento de Escolas do Freixo para desenvolver o noso proxecto de Contaminación Acústica. Dende a chegada a Viana do Castelo o día anterior, para ir preparando tamén a visita cultural que alí faremos ata a xornada de traballo na Escola, puidemos comprobar a forma de traballo no país luso, así como a profesionalidade que todo o equipo do Freixo demostrou en cada momento: cooperación, colaboración, bo facer e sempre abertos a visitas e a ensinar. Agraddecemos tamén a axuda de Xabier Garaloces, representando á empresa de software Hexagon, quen nos asesorou en todo momento da súa metodoloxía de traballo. Estamos moi agradecidas e agradecidos dende todo o equipo Erasmus do IES Xesús Taboada Chivite,e a semana que vén comezamos xa coa primeira videoconferencia para ir montando e programando os nosos sonómetros, ós que de seguro lle sacaremos moito proveito!
Menú
- Inicio
- Benvida
- O noso centro
- O noso proxecto 2019-2022
- Uusikaupunki kick-off meeting
- Verín
- Verín staff meeting
- Italy
- Portugal
- Hungary
- Finland
- Budapest staff meeting
- Opening2Diversity
- Centro Acreditado Erasmus+
- Curso Malta
- Expertos Invitados
- Freixo (Portugal)
- Visita preparatoria Freixo
- Verín-Draguignan
- Draguignan (Francia)
- Proxecto IDEAS Macedonia do Norte
- PROXECTO IDEAS Dinamarca
- Mobilidades individuais alumnado
- Verín-Acquapendente
- Acquapendente (Italy)